Obxectivo: Seguir sumando

4 de Setembro de 2016
Ube, en el partido del miércoles contra el As Pontes.
Ube, no partido do mércores contra o As Pontes.
  • O Compos xogará este domingo na Illa, contra o Céltiga, co obxectivo de comezar a sumar fóra de casa.

Santiago de Compostela, a 2 de Setembro de 2016.

Tras a vitoria do fin de semana pasado contra o Ribadumia, o Compos encara a terceira xornada de Liga con maior tranquilidade. O cadro santiagués visitará A Illa de Arousa para enfrontarse ao Céltiga, un equipo recentemente ascendido á Terceira División, pero que comezou a competición a un gran nivel, sumando catro dos seis puntos posibles.

O conxunto de Yago Iglesias visitará un campo dos de toda a vida, dos míticos. Deses nos que os espectadores están a escasos centímetros do xogador. Por tanto, chegarán a un campo complicado, onde o ambiente será un factor en contra que terán que lidar.

Esta situación coñécena tanto xogadores como corpo técnico, polo que irán mentalizados do que se atoparán, como así o demostran as declaracións de Yago Iglesias.

“Non é un campo nada fácil, a xente aperta moito e están moi preto dos bancos e o campo. Ademais, vai sempre a lume de biqueira co seu equipo. Imos atopar cun escenario no que temos que estar moi concentrados para sacar o partido adiante”, sinala o técnico.

Con todo, na visita ao Salvador Otero non só se medirán ao público, senón que enfronte terán a un duro rival que, a pesar de debutar na categoría, completou un gran plantel, e así o demostran os resultados logrados nestas dúas xornadas, unha vitoria contra o As Pontes e un empate na súa visita ao Dubra.

“É un equipo moi rocoso e moi ben compensado. A pesar de ser un recentemente ascendido, reforzouse moi ben”, di Yago.

O choque chega tras a eliminación do mércores en Copa Federación, un tropezo que non afectará ós xogadores, xa que teñen claro que os seus obxectivos están na competición ligueira. Por iso, a vitoria do sábado en San Lázaro, foi vital. “O equipo necesitaba eses tres primeiros puntos para soltarse e para ir mellorando na competición”, comenta o adestrador.

Unha derrota que permitirá ademais contar con toda a semana para adestrar. “Levamos sete semanas xuntos, nelas non tivemos nunca semanas limpas para adestrar e a pesar diso o equipo vai asimilando as cousas. Semana a semana, os xogadores coñécense máis e nós a eles. Imos vendo que calidades técnicas nos poden dar e o equipo progresa adecuadamente”, afirma Yago Iglesias.

Nesa progresión axuda que os xogadores tocados se vaian recuperando das súas lesións, como é o caso de Martín. “Leva adestrando toda a semana ben e este fin de semana xa pode entrar na convocatoria”.

Quen segue apartado do grupo é Cardeñosa, que aínda non se recuperou da súa lesión en Abegondo. Ademais, tamén será dúbida Diego Rey, xa que “leva toda a semana adestrando con molestias no xeonllo”.

Por tanto, con 21 ou 22 xogadores dispoñibles, entre hoxe e mañá, Yago terá que decidir a quen convoca para a súa visita ao Salvador Otero. Un partido no que espera contar co apoio da afección, como así o notou cando viaxaron a Abegondo, na primeira xornada de Liga, ou a Boiro, na Copa Deputación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
✍️ CRÓNICAOs nosos cederon na casa no debut da Liga, nun encontro no que todo saíu cruz🏆 O mércores, unha reválida, tamén como locais, cos 1/16 da #CopaFederación👉 sdcompostela.com/gl/2026/09/06/compos-liga-0-3-marino/📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #ComposMarino🩵🤍 O técnico valorou en sala de prensa a derrota na estrea no Vero Boquete👉 O adestrador agradeceu o apoio da afección e xa mira ao seguinte duelo, este mércores, na casa, na #CopaFederación 📹 youtu.be/AUhEbJmcBLo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🔚 FINALCOMPOS 0️⃣-3️⃣ Club Marino de Luanco📸 Ignacio Castaño Gómez#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
📋🩵🤍 OS NOSOS👨‍🏫 Carlos de Lerma🆚️ Club Marino de Luanco#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
DÍA DE PARTIDO! DÍA DE COMPOS! 🩵🤍COMEZAMOS A LIGA NA NOSA CASA E PRECISAMOS O APOIO DE TODOS! 🏟️🆚 Club Marino de Luanco 🏟️ Vero Boquete🕛 12:00 horas🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/📸 Nacho Castaño#composmarino ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.