Visita ao Municipal en boa dinámica

16 de Setembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/vUyD_IrLOds” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O domingo ás 12:00 a SD Compostela xogará contra o recentemente ascendido CD Castro.
  • Yago Iglesias: “Estamos “obrigados” a conseguir os tres puntos, pero co nome non se consegue nada”.

Santiago de Compostela, ao 17 de setembro de 2016.

A seguir coa carrerilla. O Compos leva tres xornadas consecutivas puntuando, sete puntos de nove posibles, unha boa dinámica que pretende manter na súa visita deste domingo ao Municipal de Castro.

Ás 12 da mañá, a SD enfrontarase a un dos equipos que ascendeu a Terceira División este ano. Un conxunto que leva catro puntos nas catro primeiras xornadas e que está cargado de xente experimentada, con coñecemento da categoría.

Un rival cuxo obxectivo será pelexar pola salvación, pero ante o que non vale relaxarse, e menos no seu campo, onde aproveitan moi ben as condicións do mesmo.

“As dimensións do terreo son moi distintas ás nosas e aproveitan moito as accións a balón parado. Teñen un sacador moi bo, Xaime, que leva varios anos competindo en Terceira e noutras categorías, e tamén moi bos rematadores, xente grande”, asegura Yago Iglesias.

Por iso, “seguramente nos teñamos que empregar máis que noutros partidos para conseguir os tres puntos. Estar moi ben a nivel mental, porque nun campo pequeno pódenche facer ocasións case da nada”, afirma.

Sabe da dificultade da fazaña, máis se cabe tras o encontro contra o Céltiga, pero iso si, asume a responsabilidade da SD. Non rexeita o favoritismo do Compos e tentará sempre que o equipo leve o control do choque.

“En teoría, o do Castro, é dos campos sinxelos da categoría. Estamos “obrigados” a conseguir os tres puntos, pero co nome non se consegue nada. Veremos os acenos de identidade do Compostela, aínda que iso si, é un escenario e un partido distinto ao da semana pasada”, comenta o técnico.

Ante estas circunstancias, Yago expoñerá algúns cambios no once, xogadores que se adapten mellor ao que quere e ao rival, aínda que nunca será unha revolución completa. “Pode haber rotacións, pero non como as do Barça da semana pasada. O groso do plantel é dun perfil, pero temos algún xogador que nos pode achegar outras cousas e quizais este partido sexa un dos propicios para facer dous ou tres cambios”.

O que está claro é que un deles non será Cardeñosa, que “unha semana máis é a única baixa”, aínda que “está a evolucionar moi ben, avanzando moi rápido da lesión”.

Con Cardeñosa ou sen el, un pensamento invade a todos os xogadores e ao corpo técnico. “Sería idílico gañar o domingo, conseguir os tres puntos fóra de casa porque afianzaría aínda máis o que conseguimos nas tres últimas xornadas. Sería sumar unha xornada máis sen perder e tres puntos para terminar de coller esa confianza”, conclúe.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

✍️🩵🤍 CRÓNICA O Compos asalta O Vao e logra o seu primeiro triunfo a domicilio da tempada ⚽ Os nosos fixeron un partido moi completo e conseguiron unha importante vitoria grazas a un penalti provocado e transformado por Buba📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Hoxe foi un gran día 😍 #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #CoruxoComposAnálise do adestrador do Compos despois da gran vitoria dos nosos no derbiO técnico valorou a importancia deste triunfo, as claves do encontro e as sensacións que lle deixou a vitoria no Vao ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCoruxo FC 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ BubaO DERBI É NOSO 🩵🤍TRES PUNTOS VITAIS NUN GRAN ENCONTRO 💪💪GRAZAS A TODOS POLO APOIO NO VAO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCORUXO F.C. 0️⃣-0️⃣ COMPOSBoa primeira parte dos nosos, apertando e roubando moitos balóns, pero sen conseguir acertar no último terzo📸 Nacho Castaño #CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.