Unha de cal e outra de area

19 de Setembro de 2016
Mitogo, en una ocasión de la primera parte. Foto: Amadeo Rey.
Mitogo, nunha ocasión da primera parte. Foto: Amadeo Rey.
  • A maior ambición do Castro puido coa calidade dun Compos que baixou o seu nivel na segunda metade.

Santiago de Compostela, a 19 de Setembro de 2016.

Terminouse a xeira. A SD Compostela puxo fin a tres partidos partidos consecutivos sumando, despois de caer derrotados no Municipal, ante o Castro, por dous goles a un.

O conxunto de Yago Iglesias, a pesar de que se puxo por diante á media hora de xogo, viuse superado, sobre todo na segunda parte, por un equipo local, no que as ganas por derrotar a un equipo histórico superaron a maior calidade deste.

O Compos chegaba ao encontro coa bitola de ser o favorito, e así o mostrou na primeira media hora. 30 minutos nos que o balón foi compostelán e tamén as ocasións.

Primeiro foi Mitogo o que desaproveitou unha clara ocasión, que saíu rozando o poste, e despois Santi Gegunde mandou ao lateral da rede outra gran oportunidade.

E por fin, á terceira foi a vencida. Santi mandaba ao espazo un balón para Diego Rey, este centraba, e tras unha indecisión da defensa, Mitogol non marraba, anotando así o seu segundo gol da tempada.

Con todo, co gol branquiazul, o equipo desapareceu. Fíxolle moito dano, sobre todo, a rápida reacción local, xa que tres minutos despois do tanto de Mitogo, chegou o empate. Tras un barullo na área, Héctor mandaba o balón á rede, cun disparo que deu contra un defensa, despistando a Lucas, que non puido facer nada.

O gol deu ás aos locais, e pese que ata o descanso non houbo apenas achegamentos, na segunda, aos cinco minutos estrelaban un balón contra o poste, de novo tras un tiro de Héctor.

Reaccionou rapidamente Yago dando entrada a Martín e Tomás, pero a situación non variou, aínda que tiveron a súa cun remate de Make, que se foi arriba por pouco.

Premio ao dominio lucense, chegou o gol. Foi o dianteiro local Iván González o encargado de embocar un gran centro de Alvarito no minuto 72, para selar a segunda vitoria do Castro neste curso.

A pesar de que restaban vinte minutos por diante e que o Compos tentou ir a por todas coa entrada de Nogueira por Samu, o marcador xa non se moveu e os tres puntos quedaron na casa.

Derrota ante un rival que sae moi reforzado despois do encontro. Un revés que non debe afectar ó conxunto santiagués, que se mantén na metade de táboa, duodécimo, con sete puntos, a tres do cuarto posto do Rápido de Bouzas.

Para achegarse aos postos de playoff e retomar a senda do triunfo, o Compos verase as caras o fin de semana que vén ante o As Pontes, que aínda non coñece a vitoria no que vai de campaña. San Lázaro debe continuar sendo un fortín.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Xa dispoñible á venta a nova camiseta do Compos!!🙌 Na #compostenda ou na web de Fútbol Emotion 📲 www.futbolemotion.com/es/categoria/colectivos/equipaciones-s.d.-compostela🎟️ RECORDA que se eres abonado, tes un 10% de desconto!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 Remata a primeira proba da pretempadaCOMPOS 0️⃣-4️⃣ RC Deportivo👏 Moi boa imaxe dos nosos na casa na estrea de Carlos de LermaPrimeiros minutos para as novas fichaxes e moita presenza da @cantpicheleira📸 Ignacio Castaño Gómez#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 0️⃣-1️⃣ Real Club Deportivo de La Coruña 👉 Chegamos ao tempo de lecer no Vero Boquete! Moi boa imaxe dos nosos nestes primeiros 45 minutos!#composdépor #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, @samurodriguez14Sempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
👏👏👏 Unha lenda, a nosa lendaGRAZAS, SamuSempre serás unha parte deste escudo ©️🩵🤍#composdépor ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.