A maxia da canteira celeste a disposición de la SD

20 de Setembro de 2016
Jesús García, gerente de Ulla Oil, Javier Puña, Ube y Tomás.
Jesús García, xerente de Ulla Oil, Javier Puñal, Ube e Tomás.
  • Coa colaboración de Ulla Oil, Tomás e Ube foron presentados na sala de trofeos de San Lázaro.

Santiago de Compostela, a 20 de Setembro de 2016.

Saídos da canteira do Celta de Vigo, Tomás e Ube chegan ao Compos dunha forma totalmente distinta. Buscando progresar na súa carreira deportiva, asinan pola SD coa clara intención de gañar experiencia nunha categoría como a Terceira División, na que se enfrontarán a xente con moita traxectoria no fútbol nacional e galego.

Esta experiencia é a que ten Ulla Oil, empresa do Val do Ulla que colaborará de forma activa co equipo compostelán por quinta tempada consecutiva. Un compromiso que, Javier Puñal, presentador do acto, quixo agradecer, xa que valora positivamente que manteña a súa colaboración co Compostela “a pesar de non estar no mellor momento”.

Ulla Oil mantén esta relación cun club, que a pesar de estar en Terceira, ten unha historia e un valor social que o avalan. Unha boa reputación que tamén lles chegou aos dous xogadores vigueses, razón pola cal se decidiron pola aposta branquiazul.

Tomás Abelleira

Recentemente chegado do Pontevedra de Segunda División B, Tomás baixa a unha categoría na que xa foi moi importante co cadro granate.

Aínda así, matiza: “Para min non é un paso atrás, porque no Pontevedra de Segunda B non disputei os minutos necesarios como para dicir que estiven noutra categoría”.

A decisión foi tomada polas recomendacións recibidas: “Recomendáranme que viñese aquí. Tiña medo que o grupo non tivese a mesma ilusión coa que chegaba eu aquí, pero creo que teñen tanta ou máis. Os meus compañeiros xente nova e con máis experiencia estamos a conectar ben, quédanos moito por rodar, pero creo que nos irá ben”.

En canto ao que vai tempada, Tomás ten que claro que “fóra de casa imos sufrir”. Para iso, “temos que adaptarnos a xogar fóra de casa, mellorar moito sen balón, porque hai que facer outras cousas, como o salto ou o choque”.

Tamén afecta, segundo o mediapunta, a falta de experiencia, aínda que non de idade, senón de rodaxe cos compañeiros. “Miras a un lado e ao outro e non ves a xente coñecida”, di. Para mellorar iso, cre que “fáltannos minutos de competición”.

Ube

Pola súa banda, Ube chega ao Compos aínda en idade xuvenil. A pesar de que o Celta desexaba que quedase no seu xuvenil de División de Honra, o mediocentro vigués tamén pensou nos seus estudos. “A decisión é equilibrada. Veño estudar dereito a Santiago, pola reputación da facultade, pero á vez tamén aposto por un proxecto moi importante e ilusionante e con xente moi nova”, asegura.

O acordo ao que chegou co Compostela aseguráballe ser xogador do primeiro equipo, o cal “é o que quero”. Ube espera “curtirme na categoría, ter minutos e aproveitar que comparto equipo con xente con moita experiencia, que me pode ensinar moito”.

Sabe que para gañar eses minutos non o terá fácil, xa que “é un liña moi completa con xente de moita calidade”, pero matiza que “teño que aprender deles e gañarme o meu sitio. Nunca viría aquí se non pensase que podo ter un oco no plantel”.

Dentro do once, Ube pode adaptarse tanto ao posto de pivote defensivo, como ao de mediapunta. “A tempada pasada xoguei moito de pivote defensivo, pero podo xogar nas dúas posicións. Estou dispoñible para o que precise o adestrador, non teño preferencia por ningunha delas”,  afirma.

En definitiva, o mozo vigués enfróntase a un salto moi importante, algo que cre que lle enriquecerá como xogador. “Permíteme vivir experiencias próximas ao que é o fútbol de verdade. É unha maneira de curtirme, de ver se estou preparado para competir con xente máis experimentada”.

Ten moi clara a súa decisión e tentará utilizar a súa astucia no campo para destacar no xogo. “Obrígame a pensar antes que o rival, anticiparme e ser máis listo. Saber as miñas virtudes e defectos, para saírme coa miña”.

Por último, en canto ao grupo cre que “estamos a asimilar os conceptos que nos dá o adestrador. Debemos coñecernos máis e adaptarnos para crecer como equipo, para estar o máis arriba posible”.

Grazas a ese axuste chegarán os puntos fóra de casa, que “será o que nos capacitará para estar arriba loitando contra os mellores”. Nese punto, para Ube é importante que “tres ou catro sexan os líderes que nos proporcionen esa garra aos demais e que aguantemos o marcador nos partidos de fóra con uñas e dentes”, conclúe.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
🎗 Hoxe conmemórase o Día Internacional do Cancro Infantil e para dar visibilidade a esta realidade, esta tarde portaremos un brazalete douradoUn xesto, en colaboración con Asanog Asociación de Cáncer Infantil y Juvenil de Galicia, co que queremos lembrar a importancia do apoio social e do acompañamento durante todo o proceso👉 Porque cada xesto conta e cada mirada axuda a que ningunha familia se sinta soa#composcéltiga𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Con gañas de volver a xogar e a triunfar!🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos na nosa casa na procura da vitoria! #ComposCéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🤝 Jessica Fabeiro 🩵🤍O centro de Medicina Estética & Wellness, que está a celebrar o seu 8⃣ aniversario, segue un ano máis ao noso carón e faino tamén patrocinando o partido desta tarde na súa semana especial🙌 Moitas grazas polo voso apoio! 🫂#ComposCéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

6 hours ago

SD Compostela
𝐃𝐈𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐀𝐑𝐓𝐈𝐃𝐎 🩵🤍⚽️🔥 Con gañas de volver a xogar e a triunfar!🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Anima aos nosos na nosa casa na procura da vitoria! #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.