A pola primeira vitoria fora no “derbi”

30 de Setembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=F2FolNGIs1Q” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

– Yago Iglesias: “O Dubra é un equipo moi forte mentalmente e obrigaranos a estar cos cinco sentidos postos todo o partido”.

Santiago de Compostela, 30 de Setembro de 2016.

Despois de mes e medio de competición, a principal cruz na traxectoria do Compostela foron os partidos de visitante. Só sumaron un punto de nove posibles, polo que outra xornada máis, aparece a oportunidade de reverter esta situación.

A ocasión parece propicia: mes novo, campo próximo ao que se poden desprazar moitos afeccionados e primeira semana na que Yago conta con todos os xogadores do plantel a súa disposición. Con todas estas situacións de fronte, o partido do domingo ás 18:00 contra o Dubra, pode ser o momento.

O rival, un recentemente ascendido a Terceira División, comezou a tempada dunha maneira un tanto irregular. Suma catro puntos e está en postos de descenso, pero por contra non perdeu ningún partido en casa, incluído un empate contra o líder, o Racing Vilalvés, a semana pasada.

“É un grupo moi rochoso, con xente de moita experiencia. Non fixo moitas fichaxes, pero xa en preferente xuntáronse cun bloque doutra categoría”, considera Yago Iglesias.

Un conxunto no que a man do seu técnico, Chus Baleato, faise notar. “É un adestrador con moita experiencia que traballa moi ben aos seus equipos, sobre todo a nivel mental, polo que son moi difíciles de contrarrestar”, di Yago.

Ademais, ás súas fortalezas haberá que sumarlle as gañas que porán, xa non só por ter enfronte ao Compostela, senón tamén por considerar o partido como un derbi, aínda que Yago considérao como “un partido máis”.

Sexa considerado como derbi ou non, o Juan Baleato espérase que estea a rebordar, e así o agarda Yago: “Nos outros desprazamentos foron afeccionados, polo que a este desexamos que vaia moita máis xente. Queremos ver o campo do Dubra de azul e branco”.

O impulso da inchada branquiazul será importante, porque “unha semana máis é un terreo de xogo totalmente diferente ao noso en canto a dimensións”, di o técnico.

Un campo no que o Dubra tentará aproveitar a altura dos seus xogadores, pero no que o adestrador riveirense quere que o Compos “tente levar a cabo o seu partido”, agardando “sacar algo positivo”.

Para iso, espera que os xogadores teñan a lección aprendida de erros pasados. “Debemos evitar o mesmo erro de poñernos por diante no marcador e poder matar o partido, non ser quen de facelo, e despois pagalo. Tentaremos que este fin de semana cambie”.

Un cambio que pretende que chegue cun bloque no que “semana a semana vemos melloras tanto a nivel individual como colectivo”. Os xogadores van coñecéndose mellor e esa é a pedra angular para sentar o proxecto a medio e longo prazo, segundo Yago.

Unha química que tentarán demostrar este domingo no Juan Baleato. Quizais sen saír da contorna de Santiago para xogar, chegue a primeira vitoria fóra. O corpo técnico e os 16 convocados que se coñecerán mañá, así o tentarán.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.