Debutan os alevíns e seguen a competición os demais

30 de Setembro de 2016

Santiago de Compostela, a 30 de Setembro de 2016.   

Chega a primeira fin de semana de outubro e con ela, o carrusel de partidos que cada xornada nos depararán as categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela.

Os “maiores”, o xuvenil de Liga Nacional, realizarán unha viaxe complicada coa que pretende lograr o seu primeiro triunfo do campionato. Os de Vecho xogarán ante o sempre temido Ourense CF no Campo Municipal de Oira, o domingo ás 12:00.

Pola súa banda, o xuvenil B, xogará en casa contra o Vitoria F.C., buscando reverter un mal comezo de campionato no que caeron a postos de descenso. O partido será o domingo ás 13:00 no campo das Cancelas.

Baixamos de categoría, onde nos atopamos ao Cadete que viaxará ao Municipal do Viso para xogar contra as Escolas Deportivas do Arzúa. Logo da súa primeira derrota o fin de semana pasado, os de Guillermo Gil queren retomar a boa senda que levaban ata o de agora. O encontro será o domingo ás 11:00.

O que si pretende seguir coa boa dinámica é o Infantil A, que con nove puntos en catro xornadas marcha quinto na clasificación. Para manterse nos postos de honra da clasificación xogará contra o E.F. Lalín no Campo Anexo Manuel Anxo Cortizo, o sábado ás 12:30.

No que respecta ao Infantil B, terá un derbi contra o Amio SD nas Cancelas o domingo ás 9:30.

En canto aos alevíns, que se estrean en Liga, o A xogará contra o CD Conxo o sábado ás 10:30 en Santa Isabel, mentres que o B, fará o propio o sábado ás 12:30 en Santa Isabel, pero contra o AD Manuel Peleteiro.

Por último, o Benxamín, que debutou en Liga o sábado pasado con vitoria, xogará contra o Milladoiro SD, o sábado ás 19:30 no campo das Cancelas.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

4 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Este domingo, a pola vitoria na nosa casa🤝 Partido patrocinado por Jessica Fabeiro ⚽️ 𝐗𝟐𝟏🆚 Céltiga F.C 🕕 18:00 horas🏟️ Vero Boquete🎟️ Entradas online! 👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.