Por un pelo

3 de Outubro de 2016
gol-dubra
Imaxe da última xogada do encontro. Eloy está para marcar o gol. Foto: Amadeo Rey.

-O Compos empata no campo do Dubra, logo de que os locais marcasen na última xogada do encontro.

Santiago de Compostela, a 3 de Outubro de 2016.

A nada. A menos de 30 segundos. A iso estivo a primeira vitoria do Compos a domicilio. Un gol de Eloy na última xogada do encontro impediu a fazaña.

O Compos ía mentalizado do que quería conseguir. Sabía que era unha gran oportunidade e quería aproveitala. Por iso, saíu ao encontro moi enchufado. Con cambios no once para contrarrestar o poderío por arriba dos de Chus Baleato, a SD parecía funcionar. Seus foron os primeiros achegamentos e seu foi o primeiro gol do partido, obra de Tomás Abelleira no minuto 24.

O tanto chegou logo dunha xogada por banda que acabou cun centro á área mal despexado pola defensa. O balón quedou morto na frontal para Samu, que cedeu o coiro para Tomás, quen tras regatear ao defensa co control, bateu ao meta local de tiro cruzado coa zurda.

Volvía repetirse a historia, de novo estaban por diante nun partido de visitante e, a diferenza dos anteriores, a SD soubo aguantar a vantaxe ata o descanso, aínda que non sen sufrir.

Primeiro Eloy quedou só nun man a man con Lucas, pero tras regatealo, mandou o balón ao lateral de rede. E despois foi Bendaña quen puxo a proba ao porteiro santiagués, cun disparo desde 30 metros que tivo que despexar a córner o porteiro.

Con todo, o que tivo a última ocasión antes do intermedio foi o Compos. Mitogo quedou só na área e mandou o balón á rede, pero o árbitro sinalou un fóra de xogo máis que dubidoso.

Con todo, á volta dos vestiarios, o escenario cambiou. O Dubra puxo unha marcha máis e como premio chegou o gol do empate.

Nunha falta colgada á área desde o mediocampo, o balón quedou solto nos pés de Eloy que centrou raso e Cholo empuxouna á rede.

O tanto animou aínda máis aos locais, mentres que o Compos quedou moi tocado. Pasou dez minutos de sufrimento, nos que o Dubra primeiro cun disparo desde a frontal e logo cun tiro frouxo de Gonzalo na interior da área pequena, púidose adiantar.

Non o fixo e Yago rapidamente realizou trocos. Entraron Diego Rey e Santi Gegunde por Martín e David Nogueira, e o partido recobrou a igualdade. Primeiro tentouno o Dubra, con dous remates de cabeza de Eloy, só na área, que se foron ás mans de Lucas. E despois foi o Compos o que rondou a área local con tres achegamentos moi perigosos.

No 86, Tomás estaba preto de marcar, despois de que o seu disparo tocase nun defensa e fose a córner por pouco. E no seguinte minuto Santi deixaba primeiro un pase atrás que non atopou rematador e a continuación o seu tiro foise ás mans de Brais.

Tanto foi o cántaro á fonte, que ao final rompeu. No 91, Mitogo regateaba ao porteiro, tras unha mala saída de este, e o seu centro era empuxado por Santi a portería baleira. Parecía que por fin chegaría a vitoria tan desexada, pero o destino quixo que non fose así.

No 94, noutra falta desde o mediocampo, o balón quedou morto na área e Eloy aproveitaba o barullo para meter o gol do empate na última xogada do partido. Lucas pediu falta, pero o árbitro deu gol válido e sinalou o final do choque.

Non puido ser, pero o empate tampouco é mal resultado, xa que o Compos ascende un lugar na clasificación e colócase a dous puntos do playoff. Tocará facer bo o empate, o domingo que vén en San Lázaro contra o líder, un Rácing Vilalvés que gañou 3-2 ao Cerceda.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Desfrutade desta gran noite que quedou tras este gran +3⃣ na nosa casa 😍 #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

7 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #composastorgaO técnico do Compos valorou o importante triunfo na casa e destacou as grandes sensacións mostradas e o fútbol de ataque do equipo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

8 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 4️⃣-1️⃣ @AtleticoAstorga⚽️⚽️ Dani González ⚽️ Buba | Unai PeónPARTIDAZO E OS TRES PUNTOS QUEDAN NA CASA 🩵🤍UNHA VITORIA MERECIDA E QUE DESFRUTAMOS XUNTOS 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO 👥🙌📸 Ignacio Castaño Gómez#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 3️⃣-0️⃣ Atletico Astorga ⚽️ Buba | Unai Peón | Dani GonzálezQUE GRAN PRIMEIRA METADE DOS NOSOS! 🔥📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOU COMPOS 🆚️ Atletico Astorga 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.