Vitorias dos infantís, do xuvenil B e o Alevín A

11 de Outubro de 2016

Santiago de Compostela, a 11 de Outubro de 2016.

Boa xornada das categorías inferiores da SD Compostela con catro vitorias nos sete partidos que xogaron os equipos da base.

O xuvenil A de Liga Nacional segue coa súa mala sorte. Outra semana máis a primeira vitoria da tempada resísteselle. Esta vez, foi o Arosa o que saíu vencedor do choque disputado no campo de As Cancelas, por un gol a cero.

Un resultado que poden contrarrestar con rapidez, xa que mañá xogarán ás 16:30 contra o Racing de Ferrol en A Gándara.

Pola súa banda, o Xuvenil B si acadou o primeiro triunfo do curso, despois de gañar ao EF Lalín no Anexo Manuel Anxo Cortizo por un gol a tres.

A diferencia dos anteriores encontros, foi o equipo santiagués quen comezou perdendo e remontou o encontro.

Os goles de Manuel Taboada, no 48, o de Iago Antelo, no 70, e o de Darío Boga, no 84, pecharon o triunfo dos branquiazuis que suben dous postos na clasificación. Este mércores xogarán outra vez fóra para seguir escalando na táboa contra o Milladoiro.

En canto ao Cadete, segue coa mala dinámica que tomou nas últimas semanas. Esta fin de semana en Santa Isabel perdeu contra o Sálvora por un gol a tres. O gol de Cristian Cerban no 43, non foi suficiente para puntuar.

Desde o nóveno posto da clasificación, visitarán este mércores ao EF Lalín para cambiar a dinámica.

Os infantís, tanto o A como B, gañaron os seus respectivos encontros da fin de semana e sitúanse nos postos nobres da táboa.

Os primeiros venceron ao Sálvora por 5-3 con goles de Samuel Gutiérrez, Iago Parga e o hat trick de Alejandro Parga. Un resultado co que se sitúan cuartos, unha posición que poden mellorar se conseguen derrotar ao Puebla CF mañá.

Mellor aínda lle vai ao B, segundo por detrás tan só do Cordeiro. Faino despois de de gañar ao Dodro por 1-5. Alejandro Dopazo, Mauro Iglesias, Carlos Permuy e o doblete de Xaime Paz, selaron a goleada no campo do Dodro. Na busca de asaltar o liderado do Cordeiro, este sábado, o rival será o CD Rois.

Un bo resultado tamén foi o que acadou o Alevín A, que gañou o mércores, en xornada adiantada, ao Victoria por 11 goles a 1. Un doblete de Alejandro Dopazo, Etien Pignol e David Porto, un hat trick de Lucas Novo e o gol de Yago Lois e Mateo Barros firmaron a goleada.

Cuartos na clasificación, o próximo partido será o sábado contra o Negreira ás 9:30.

Pola súa parte, o Alevín B caeu ante o Victoria C por 3 goles a 1. O gol de Abril Pazos non serviu para acadar ningún punto. A fin de semana, o rival será o líder, o Racing San Lorenzo.

Por último, o Benxamín que non xogou este finde contra o Amio, encontro que se xogará este venres, enfrontarase ao Santiago de Compostela esta xornada.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.