Dúas vitorias, un empate e unha derrota na xornada entre semana

13 de Outubro de 2016

Santiago de Compostela, a 13 de Outubro de 2016.

Aproveitando o festivo, os xuvenís, o cadete e o Infantil A tiveron xornada entre semana. Un día no que os resultados logrados foron dispares.

En primeiro lugar, a única derrota dos catro encontros foi a do Xuvenil A, que segue sen tomarlle o pulso á competición.

Os de Vecho perderon por 4-1 ante o Rácing de Ferrol, no sempre complicado campo da Gándara. O autor do gol santiagués foi Borja Míguez.

Con este resultado o equipo descende ao décimo sexto lugar. Praza que tentarán mellorar cunha vitoria este fin de semana coa UD Santa Mariña.

Mentras tanto, o xuvenil B empatou ante o Milladoiro SD. Logo da primeira vitoria o sábado pasado, os xuvenís logran un valioso empate que, a pesar de mantelos en postos de descenso, permítelles seguir sumando unha xornada máis.

De novo, os branquiazuis comezaron perdendo, pero Daniel Abeijón anotou no 26 o tanto do empate.

Tentando manter esta xeira, o Xuvenil B xogará este domingo ás 11:15 contra o Noia nas Cancelas.

En canto aos cadetes, logo dunha mala serie de resultados, recuperaron a senda da vitoria, despois de vencer ao EF Lalín por 0-2, no campo Anexo Manuel Anxo Cortizo.

Os goles de Raúl García e Marcos Andrade certificaron un triunfo que sitúa ao equipo en oitavo lugar con 12 puntos.

O próximo partido será o domingo ás 12:45 en As Cancelas contra a SD Villestro, quinta na clasificación con 16 puntos.

Por último, a segunda vitoria do día foi para un Infantil A que goleou na súa visita ao campo de Cadreche.

O conxunto de Juan Vicente Cameán foi moi superior ao Puebla durante todo o partido e así o certifica o resultado final. Dos 13 goles que anotou o Compos, catro foron de Iago Fernández, tres de Quique Rivas, dous de Samuel Gutiérrez e Gerardo Lago, e un de Martín Calatayud e Javier Freire.

Con este resultado, os infantís sitúanse no segundo posto da táboa con 18 puntos en sete partidos, a tan só un do líder, o Amio.

Buscando o liderado, o sábado ás 12:15 no campo de A Merced, os branquiazuis enfrontaranse ao quinto clasificado, a unha SD Negreira que leva 13 puntos.

 

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.