O Infantil A e o Alevín A seguen con paso firme cara á fase de ascenso

19 de Outubro de 2016

Santiago de Compostela, a 19 de Outubro de 2016.

Resultados dispares nunha fin de semana cargada de partidos para as categorías inferiores da SD Compostela.

Segue sen coñecer a vitoria o xuvenil de Liga Nacional da SD Compostela. Os de Vecho volveron a caer derrotados, esta vez ante a UD Santa Mariña. Unha visita complicada ao campo de Cotogrande da que o Compos vaise sen puntuar. O gol de Jorge Rama no minuto 56 non foi suficiente para conseguir polo menos un punto.

Un mal resultado que mantén ao equipo en postos de descenso e esta fin de semana visita As Cancelas o líder da categoría, o Celta B.

Pola súa banda, o Compostela B de xuvenís mantén a súa serie de tres partidos sen perder e xa suma 6 puntos. Este sábado sacou un empate en casa ante o Noia, que está situado a metade de táboa, grazas ao gol de Dario Boga no minuto 80.

Con este empate, o xuvenil está décimo sexto, pero a tan só un punto da salvación. Uns postos máis tranquilos que pode lograr se gaña este sábado ao Puebla CF, último clasificado con tres puntos.

No que respecta ao cadete, a vitoria na xornada entre semana, que cortaba unha mala dinámica, non puido repetirse este sábado. O equipo branquiazul foi derrotado pola SD Villestro por 0-2 e cae ao undécimo posto. Para a semana visitará o campo do líder, o Sporting Estrada.

Outra das noticias boas da xornada foi o triunfo do Infantil A, que se mantén segundo a tan só un punto do líder. O domingo, en A Merced, xogaba contra a sempre perigosa SD Negreira, pero soubo sacar adiante o partido con solvencia.

No minuto 28, Anxo Ferro adiantaba aos compostelaniestas e no 66, cun gol de Manuel Gómez en propia porta, aumentaban a renda e selaban o 2-0 final.

Na procura do liderado, e de distanciar aos seus rivais, o sábado ás 12:00, o equipo santiagués xogará contra o Callobre, quinto clasificado con 18 puntos, fóra da casa.

Mentres, o infantil B perdeu a súa boa dinámica, despois de caer na casa contra o Rois por 0-1. Os xogadores da base da SD perderon en As Cancelas e caen ao quinto posto da clasificación, pero continúan a dous puntos do líder, o Bertamiráns C.

A liga está moi igualada e en dous puntos están ata sete equipos. Non está entre eles, o Milladoiro SD, rival esta fin de semana do Compos.

O Alevín A, tras a derrota no partido inaugural, vai de goleada en goleada, e esta vez tocoulle á SD Negreira. Un 0-3 final, con goles de Marco Fernández en propia porta, Iván Vilaseco e Lucas Novo. Ascenden ao cuarto posto e xogarán esta finde contra a AD Burgo dás Nacións.

O B, pola súa banda, gañou tamén ao Racing San Lorenzo, aínda que con moito sufrimento. Puxéronse por diante con dous goles de Etien Pignol e outro de Andrés Pardal, pero o San Lorenzo marcou dous tantos nos instantes finais e fixo sufrir a todos.

Ao final, 3-2 e o alevín B sobe ao oitavo posto. Esta finde tocará xogar contra o CD Conxo.

Por último, o Benxamín perdeu por 0-7 contra o Santiago de Compostela. Do mesmo xeito que o Alevín B, xogarán contra o CD Conxo esta fin de semana.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0
  • PONTEVEDRA- 3 COMPOSTELA- 0

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 UN ENCONTRO PARA SACAR ENTRE TODOS!!!🙌 ESTE DOMINGO, TODOS AO VERO BOQUETE!!!🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ 10.12.23⏰ 12.00🏟️ Estadio Vero Boquete📦 𝐏𝐚𝐭𝐫𝐨𝐜𝐢𝐧𝐚 𝐎 𝐏𝐚𝐧 𝐝𝐞 𝐋𝐞𝐢𝐬 🎟️ Entradas Online 👉 app.cluber.es/clubes/64770af75c3ab340920086/pagos/6566fd34cb3f3943395285#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
🗓️ 𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐃𝐄 𝐓𝐑𝐀𝐁𝐀𝐋𝐋𝐎⚽️ Comeza unha nova semana con cinco adestramentos previstos! Centrados xa no seguinte reto na casa!!!⚒️ Este domingo, todos xuntos, sacaremos adiante o encontro!!!#composvetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🤝 Grazas afección Sempre nas boas, sempre nas malas 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚Pontevedra CF3️⃣-0️⃣COMPOS 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
𝐎𝐒 𝐍𝐎𝐒𝐎𝐒 🩵🤍#pontevedracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.