A materia pendente

22 de Outubro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/WebKviinnoQ” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • O Compos xogará esta tarde contra o Silva SD coa firme intención de lograr a súa primeira vitoria fóra de casa, mantendo así o seu lugar nos postos de playoff.

Santiago de Compostela, a 22 de Outubro de 2016.

Despois de dous partidos na casa, este sábado, a SD Compostela volve saír de Santiago para render visita a un Silva SD que está situado na metade da táboa con 12 puntos, cinco menos que o Compos.

Ao equipo de Yago Iglesias tocaralle adaptarse a un terreo de xogo totalmente oposto ao de San Lázaro. Ata o de agora, só lograron dous puntos lonxe do campo santiagués, e se queren que sexan cinco, terán que superar as adversidades dun terreo de xogo como o que terán diante.

A Grela 1 é un campo de herba sintética e de curtas dimensións, polo que o equipo terá que “adaptarse a outro tipo de xogo e realizar outra formulación totalmente distinta”, en palabras do propio técnico riveireise.

Na súa casa, o Silva é “moi competitivo, de feito o ano pasado só perderon dous encontros alí”. O campo favorécelles ao seu tipo de xogadores e ao seu estilo de xogo, xa que “teñen xente de moita talla e moi bos a balón parado”, asegura Yago.

Entre todos eles, destaca a figura do dianteiro Joao, que anotou oito goles na segunda volta do curso pasado, ademais do resto de brasileiros que ficharon este ano, polo que Yago considérao como “un equipo case internacional”.

Ante este conxunto, o adestrador agarda “un equipo moito máis aguerrido e que non lle teña medo ao contacto”, para así lograr a tan ansiada vitoria fóra. Dentro del, non estarán, unha semana máis, Cabrejo e Samu, que evolucionan favorablemente das súas lesións, e tampouco Diego Rey, ao que Yago lle da descanso para recuperarse das súas molestias.

Con estas baixas, o técnico da SD volverá realizar os trocos necesarios no once, para adaptarse ao campo e lograr eses tres puntos tan importantes. A Grela 1 ditará sentenza a partir das 18:15.

Convocatoria SD Compostela:

Lucas, Manu Cedrón; Saro, Cardeñosa, David Rey, Taboada, Ander, Mon; Make, Julián, Tomás, Alberto; Mitogo, Rubén, Santi Gegunde e David Nogueira.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.