Os saques de banda condenan ao Compos

22 de Outubro de 2016

dsc_0009

  • Movilla e Renán anotaron os goles locais tras senllas xogadas de saque de banda lateral.

Santiago de Compostela, a 22 de Outubro de 2016.

Chegaba o Compos ao campo de A Grela coa firme intención de lograr a súa primeira vitoria fóra do seu feudo, pero regresa coa terceira derrota do curso. O conxunto de Yago Iglesias viuse superado por un Silva que aproveitou o seu poderío nas xogadas laterais.

Sabía Yago da importancia das xogadas a balón parado nun campo como este, e por iso, sacou un once cos xogadores con máis músculo do equipo. Santi Taboada de mediocentro, Ander Bellido de central e por primeira vez na tempada, os dous dianteiros no campo.

A pesar diso, o Silva saíu máis enchufado e súas foron as primeiras ocasións, todas elas neste tipo de xogadas. Varios remates de Movilla tras saques de banda e un tiro de falta de Renán, as máis claras.

Con todo, o seu gol chegou tras a mellor ocasión dos visitantes. No 36, tras varios rexeites dentro da área, o balón caía nos pés de Make, que mandaba o balón rozando a escuadra da meta de Guillermo. E no 37, tras un saque de banda era cando anotaba o Silva. O lanzamento lateral foi mal despexado por David Rey e Movilla adiantábase á saída de Manu Cedrón, para adiantar de cabeza aos seus.

O gol fixo reaccionar aos santiagueses, que con tiros de Nogueira e Saro roldaron o gol, aínda que nunha contra, Alvarito perdoaba o segundo, ao non ser capaz de aproveitar un pase de socato. E no último minuto da primeira metade, Rubén mandaba ao traveseiro unha volea desde a frontal da área.

Parecía que o peor pasara e que tras o descanso o Compos igualaría o choque, pero unha xornada máis recibiu un gol nos primeiros minutos deste segundo tempo, concretamente no minuto 52. Saque de banda de Lema ao punto de penalti e Renán remata de media chilena á rede da portería de Manu Cedrón.

Este segundo tanto fixo moito dano ao Compos, que ata a entrada de Tomás no 64, non volveu roldar a portería de Guillermo. Xa co mediapunta sobre o terreo de xogo, o equipo mellorou e comezaron a chegar máis achegamentos, o máis notable, un remate de Nogueira que se foi arriba.

E no 78, chegaba o gol que daba esperanzas aos santiagueses. Nun córner, tras varios rexeites dentro da área, David Rey empuxaba o balón na liña de gol, despois de que este viñese rebotado do poste da meta de Guillermo.

Con todo, tras o gol visitante o partido perdeu o ritmo a base de faltas, cartóns e unha lea entre ambos os bancos do que saíu expulsado Rodri, segundo adestrador da SD Compostela. Houbo unha última ocasión na última xogada do encontro, pero o remate de Juanin, tras a asistencia de Mitogo, marchouse arriba.

Non puido ser. O Compos caía derrotado en A Grela e terá que agardar a mañá para ver en que posto acaba a xornada. E para a semana, a remontar o voo contra o CD Barco, o domingo ás 17:00 en San Lázaro.

FICHA TÉCNICA:

2- Silva SD: Guillermo; Lema, Guilherme, Beto, Pablo Andrade (Diego Cuesta, m.28); Alvarito (Joao Paulo, m.85), Moure, Michi, Real (Brais, m.53); Renán e Movilla.

1- SD Compostela: Manu Cedrón; Saro, David Rey, Ander, Mon; Julián, Make (Juanin, m.79), Taboada, Rubén (Mitogo, m.54); Santi Gegunde (Tomás, m.64) e David Nogueira.

Árbitro: Alejandro Ferreiro (Colexio lucense). Mostrou cartón marelo a Beto e Movilla polos locais; e a Make, Tomás, Julián e Juanin polo Compos.

Goles: 1-0: Movilla, min.36; 2-0: Renán, min.55; 2-1: David Rey, min.79.

Incidencias: Décima xornada de Liga de Terceira División disputada en A Grela 1 ante 650 espectadores.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Arosa SC 🩵🤍 Os nosos para o gran encontro de mañá ás 17:00 horas na Lomba✅ Regresa Goris, tras superar a súa lesión, e entra Iván, da Canteira Picheleira 👉 Queda fóra Valín, por lesión#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Imaxes do último adestramento desta mañá💪 Preparados para a gran cita de mañá en VilagarcíaImos con todo!! 🩵🤍🩵🤍📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

17 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analiza o importante encontro de mañá na Lomba, no que os nosos buscarán recuperar o liderado#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🫂 XUNTOS!Este domingo, co voso apoio, imos a polo triunfo en Vilagarcía!Todos xuntos somos máis fortes! 🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💫 O III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD Compostela, leva ao Museo Das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre envellecemento activo e exercicio físico Un evento, con acceso gratuíto ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel como son: 🎾 Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá 👟 Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running 👉 Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área Desta forma, seguimos abordando como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde, da man de expertos de recoñecido prestixio Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, convidámoste a esta nova entrega do foro, na que contamos con patrocinio da Xunta de Galicia, do #Xacobeo2027, o Museo Das Peregrinacións e de Santiago e #PlexusSport🗓️ Venres, 17 de abril🕖 19:00h📌 Museo das Peregrinacións🎟️ Acceso gratuíto ata completar aforo🙌 Agardámoste! #tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #preparadorfisico #calidaddevida #tech #tenis #ultrafondo #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.