Un rival complicado nun campo quizais máis propicio

5 de Novembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/gsVjrVRvon8″ video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

  • A SD Compostela tentará conseguir a súa primeira vitoria de visitante ante un Arousa SC que está cuarto con 20 puntos.

Santiago de Compostela, a 5 de Novembro de 2016.

Despois da primeira derrota en casa, o Compos buscará este domingo rachar a súa xeira negativa de cero triunfos lonxe de San Lázaro. Para iso, deberá superar ao Arousa SC, un rival moi poderoso no seu feudo e que tan só perdeu un partido no que vai de tempada.

Co paso das semanas, o equipo santiagués foi madurando e perfeccionándose no seu xogo, unha mellora que non veu acompañada de bos resultados nos dous últimos enfrontamentos, pero que deixa a clara sensación a xogadores e corpo técnico de que “seguindo nesta liña empezarán a chegar os resultados positivos”, reflicte Yago Iglesias.

Esta melloría ofrece ao equipo o positivismo de pensar que “quizais no campo menos propicio para gañar, consigamos os tres puntos”, sinala. Un campo máis complicado, non polas condicións do mesmo, xa que “os partidos que tivemos fóra, a excepción do Deportivo, sempre foron en campos de dimensións distintas ás que temos, e iso cústanos; mentres que nese aspecto, este quizais nos beneficie”, senón pola dificultade do rival.

O Arousa SC, dirixido por Jorge Otero, “un adestrador que coñece moi ben a categoría e que tenta que os seus equipos teñan o balón e sexan moi verticais”, marcha cuarto na clasificación con 20 puntos, unha posición que non sorprende a Yago, porque os considera como “un dos equipos que loitará por estar arriba”.

O conxunto de Vilagarcía é “un equipo moi sólido e con xente moi rápida por fóra”, apunta Yago, e especifica “teñen unha mestura de xogadores veteranos, fortes, potentes, acompañados por futbolistas rápidos e con gol”. Entre eles, o técnico riveirense destaca á columna vertebral formada por Jorge Otero, “con Hugo Soto en punta, Sylla e Sidibe no medio e Sergio Lloves en porta, aínda que mañá xogará Roberto Pazos”.

Un bloque moi potente, ante o que non se poden relaxar en ningún momento, como evidencia o dato de que gañaron os seus dous últimos encontros como locais no desconto. Os once que sexan da partida, e os suplentes que entren ao campo, deberán estar concentrados ao 100% durante os 90 minutos, para que o resultado que traian de volta a Santiago sexa o máis propicio.

CONVOCATORIA SD Compostela:

Manu Cedrón, Lucas, Saro, Taboada, Cardeñosa, Ander, Mon, Make, Julián, Tomás, Diego Rey, Martín, Rubén, Mitogo, David Nogueira e Santi Gegunde.

Bajas: Cabrejo y Samu, por lesión; David Rey, sancionado; e Juanin, Alberto e Ube, por decisión técnica.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏸️ 𝐃𝐄𝐒𝐂𝐀𝐍𝐒𝐎 ⏸️@sd tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.