Peche dunha volta en San Lázaro

17 de Decembro de 2016

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/pMzeYuHkeHc” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 16 de Decembro de 2016.

Despois de catro meses de competición e dezaoito partidos disputados, a SD Compostela pechará, este domingo ás 17h en San Lázaro, a primeira volta da competición. Farao xogando o encontro da décimo novena xornada de Liga ante a UD Barbadás, sexto clasificado con 31 puntos.

Os ourensáns, do mesmo xeito que o ano pasado, comezaron o campionato moi fortes, perdendo tan só tres partidos ata o momento, unha xeira na que ten vital importancia os puntos acadados no seu feudo, o campo dos Carrís. Aínda así, a dinámica fóra de casa tampouco é tan mala, xa que sumaron dous triunfos, catro empates e tres derrotas, para un total de dez puntos.

De feito, o equipo dirixido por Miguel López leva desde a xornada 11 sen coñecer a derrota. Tras aquel tres cero ante o Villalbés, os azuis lograron catro vitorias e tres empates, o último na casa ante o Dubra.

Para Yago Iglesias, o conxunto que visitará San Lázaro é un “equipo moi rochoso, que recibe poucos goles e que fai moito dano, sobre todo, a balón parado e en contraataques”. A pesar da “reforma importante que realizaron, tanto a nivel de banco como de xogadores, o equipo, do mesmo xeito que outros anos, comezou moi ben. Os xogadores portugueses fichados están dándolle resultado”, aclara.

Ademais destas incorporacións, o técnico ribeirense destaca do seu rival que se trata dun conxunto “con xogadores veteranos, entre os que destaca o seu porteiro Berto, que estivo moitos anos no Ourense, pero tamén futbolistas como Alfredo ou Rodrigo”.

Ante un rival “de primeira volta”, como os tachou Yago, o Compos buscará sacar os tres puntos en casa para pechar o ano da mellor maneira posible. “Sería moi importante porque nos daría un impulso grande na clasificación, achegándonos a eles, e ademais polas sensacións que deixaría gañar na casa, conseguindo coller forzas con eses tres puntos para a segunda volta, que é onde temos postas as nosas miras para que o traballo dea os seus froitos”, explica o adestrador.

A pesar de que non lle gusta a circunstancia de que chegue a Santiago un equipo sen nada que perder, xa que segundo o seu punto de vista, “son os rivais máis complicados”, o técnico está de parabén, xa que despois de moito tempo ten dispoñibles a todos os seus xogadores, fisicamente falando, aínda que Mon non poderá xogar por sanción e Samu descansará para non arriscar.

Así, Yago decidirá que dezaseis xogadores dos vinte forman parte da convocatoria e que once partirán de titulares, o domingo antes do encontro. Terá mil variantes á súa disposición para lograr o seu obxectivo, pechar a primeira volta na casa con vitoria.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

5 hours ago

SD Compostela
🎟️ RECORDA! Cada abonado pode retirar 1⃣ invitación gratuíta* para o partido de mañá📲 Só online!👉 sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Apoia os nosos a polo triunfo 🩵🤍* Invitación gratuíta + gastos de xestión📸 Nacho Castaño #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 @viveirocf2015 🩵🤍 Os nosos para o partido de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete👉 Entra Turby, da Canteira Picheleira #composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Viveiro CF ⚽️ Previa do noso adestrador antes do partido deste domingo ás 18:00 horas no Vero Boquete. Será a estrea dos nosos na casa neste 2026#composviveiro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🆕🏠🩵🤍⚽️ David Rosón xa completou os seus primeiros adestramentos como novo xogador do Compos😃 Moitas gañas de verte debutar na túa nova casa 📸 Nacho Castaño#benvidorosón ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.