Os máis pequenos sacan a relucir a súa calidade antes do parón de Nadal

20 de Decembro de 2016

Santiago de Compostela, a 20 de Decembro de 2016.

As categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela xa están a gozar das súas vacacións de Nadal, despois de que esta fin de semana pasada xogasen a última xornada do 2016. Nela, destacaron os triunfos das categorías máis pequenas: benxamíns, alevíns, infantís e cadetes.

Non tiveron tan bos resultados os xuvenís, xa que ambos perderon os seus encontros de Liga. O de Liga Nacional perdeu na casa ante o CD Choco. Os de Vecho non puideron manter a súa boa serie en casa e caen ao décimo quinto posto.

Pola súa banda, o B caeu tamén por 5-1 ante o Dubra SD, na súa visita ao campo da Tilleira. O gol de Diego Mariño no 36 foi insuficiente para un equipo que queda no undécimo lugar.

Si gañou o seu encontro o Cadete, triunfando por 4-1 ante o CD Boiro. Os branquiazuis adiantáronse co gol de Marcos Andrade e, a pesar de que os da Barbanza chegaron a empatar, conseguiron sentenciar o choque cos goles de Pablo Barreiro, Raúl García e Grigore Barbascumpa. Así, con estes tres puntos, o cadro dirixido por Xenxo ascende ao décimo lugar.

Outro equipo que goleou foi o Infantil A, que gañou por oito goles a cero á UD Bastavales. Os goles foron obra de Adrián Álvarez (dous), Gerardo Lago (dous), Martín Díaz, Alejandro Parga, David Porto e Yago Lois. Este resultado permítelles seguir en cuarta posición, enganchados no pelotón dianteiro.

Peor sorte correu o Infantil B, que perdeu 3-0 ante a SD Cacheiras na súa visita ao campo da Cañoteira, aínda que se mantén no sétimo lugar.

En canto aos Alevíns, o A gañou por 5 tantos a cero ao Compañía de María (Iván Vilaseco, Óscar García, Ruben Sande e Yago Lois (dous)) e pasan como quintos clasificados á segunda fase da competición.

Mentres que o B, que está oitavo, fixo o propio ante a AD Burgo dás Nacións por 3-7, con dobretes de Etien Pignol e Lois Fortes e tantos de Lucas Novo, Damián González e Xiao Pereiro.

Por último, o Benxamín sacou adiante o seu partido ante o CF Vista Alegre, ao que gañou por 0-1 co tanto de Mauro Crespo. Agora están nóvenos na clasificación.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Club Deportivo Lugo B ⚽️ Previa do noso adestrador sobre o partido dos nosos en Lugo, este domingo ás 16:30 horas#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
Moito ánimo, Marco Baña 🩵🤍 O noso xogador foi operado con éxito do xeonllo dereito tras sufrir unha lesión ligamentosa O noso canteirán comeza o proceso de recuperación, acompañado polos nosos servizos médicos e recuperadores Volverás máis forte ca nunca! 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Nova saída para os nosos na liga⚽️ 𝐗𝟐𝟒🆚 Club Deportivo Lugo B🗓️ Domingo, 8 de marzo🕟 16:30 horas🏟️ A ChedaEste domingo, buscaremos recuperar a senda do triunfo en Lugo! 🙌#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ O equipo regresa esta tarde aos adestramentos🏟️ Comeza a preparación para a visita ao filial do Lugo#LugoBCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.