Derrota posvacional

8 de Xaneiro de 2017
Julián coa camisola que lle foi entregada firmada por todos os xogadores, antes dun partido que foi patrocinado por Sisrecon. Foto: Amadeo Rey.
Julián coa camisola que lle foi entregada firmada por todos os xogadores, antes dun partido que foi patrocinado por Sisrecon. Foto: Amadeo Rey.
  • Os cinco primeiros minutos, con dous goles de Deportivo B, decantan o resto do partido.

Santiago de Compostela, a 8 de Xaneiro de 2016.

Non puido ser, a Sociedade Deportiva Compostela non tivo a posibilidade de comezar o ano cunha vitoria, xa que o Deportivo B, moi serio durante todo o partido, conseguiu os tres puntos en San Lázaro. O filial deportivista saíu moi enchufado ao encontro e aos cinco minutos xa gañaba por dous goles, que ao cabo foi o resultado final.

No minuto 2, no segundo córner consecutivo, Lucas levantábase no punto de penalti por encima de todos e o seu remate picado daba no traveseiro, no pau e dentro. Un croque sensacional ao que Lucas non puido chegar.

E no 4, cando o Compos aínda non asimilara o tanto inicial, Blas ampliaba a diferenza. Atopou un espazo no bordo da área e sen pensalo soltou un gran zurdazo que entrou pola escuadra da portería.

Tremendo pau que marcou os 85 minutos restantes. Os dous tantos fixeron moito dano e así foi como nos seguintes dez minutos, o Fabril aínda puido aumentar a súa renda, pero primeiro Lucas salvou perfectamente un gran disparo de Manu Molina á cepa do poste, e despois Jardel non acertaba co arco, despois de deixar sentado a Cardeñosa cun caneo doutra categoría.

Xa asentados no campo, logo deses primeiros quince minutos, o Compos conseguiu achegarse á meta de Álex Cobo. Un centro chute de Mon que se envenenaba pero que cortou moi ben o porteiro visitante e a máis perigosa, e única oportunidade clara de gol do Compos no 25. Roubou o balón Ube na frontal, moveu rápido e atopou a Tomás só na área, este disparou forte abaixo, pero Álex Cobo sacou a relucir unha sensacional manopla que evitaba o tanto, aínda que ben puido ser gol xa que no rebote do porteiro, Santi Gegunde empuxou o balón á rede, pero estaba en fóra de xogo.

Despois desta ocasión, o Deportivo xa non quixo arriscar e as ocasións desapareceron. Foron 20 minutos ata o descanso, no que o máis destacado foi a lesión de Diego Rey, que recibiu un golpe nas súas partes nobres e non puido continuar.

Xa na segunda parte, e coa entrada de Nogueira, Rubén e Make, o Compos tentouno pero sen sorte. Correu e loitou cada balón, pero faltou frescura de ideas cando recuperaba o balón. Así, a única ocasión desta segunda metade foi un tiro de Manu Molina nun contraataque que pegou no poste. Antes de acabar, aínda houbo tempo para que o Compos protestase un posible penalti sobre David Nogueira, que caeu na área despois dun encontrón cun rival.

Con todo, o árbitro non sinalou nada e o partido pechouse cos tres cambios no desconto do filial branquiazul. Unha derrota que deixa ao equipo nesa zona intermedia da que pretende saír, para poder loitar por cotas maiores. A partir da semana que vén, outro galo ten que cantar.

FICHA TÉCNICA

0- SD Compostela: Lucas; Saro, Cardeñosa, Taboada, Cabrejo; Ube (Make, m.73), Samu (Rubén, m.69); Mon, Tomás, Diego Rey (David Nogueira, m.32) y Santi Gegunde.

2- RC Deportivo B: Álex Cobo; Blas, Arnau, Lucas, Quique; Edu Expósito, Queijeiro; Pinchi (Hugo Rama, m.93), Manu Molina (Alex Corredera, m.92), Borja Galán; y Jardel (Borja Domingo, m.92):

Goles: 0-1: Lucas, min.2; 0-2: Blas, min.4.

Árbitro: Pastoriza Iglesias, colegio pontevedrés. Amonestó a Make, Cardeñosa, Rubén y Tomás, por los locales; y a Arnau y Pinchi, por los visitantes.

Incidencias: Partido de la vigésima jornada de liga de Tercera División disputado en el Estadio Municipal de San Lázaro ante 730 espectadores. Antes del pitido inicial, Julián recibió una camiseta firmada por todo el equipo y realizó el saque de honor.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Arosa SC 🩵🤍 Os nosos para o gran encontro de mañá ás 17:00 horas na Lomba✅ Regresa Goris, tras superar a súa lesión, e entra Iván, da Canteira Picheleira 👉 Queda fóra Valín, por lesión#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Imaxes do último adestramento desta mañá💪 Preparados para a gran cita de mañá en VilagarcíaImos con todo!! 🩵🤍🩵🤍📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

16 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analiza o importante encontro de mañá na Lomba, no que os nosos buscarán recuperar o liderado#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🫂 XUNTOS!Este domingo, co voso apoio, imos a polo triunfo en Vilagarcía!Todos xuntos somos máis fortes! 🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
💫 O III Foro "Tecnoloxía e Deporte", organizado pola SD Compostela, leva ao Museo Das Peregrinacións, este próximo venres 17 de abril ás 19:00 horas, unha interesante xornada sobre envellecemento activo e exercicio físico Un evento, con acceso gratuíto ata completar aforo, no que contaremos coa participación de dous referentes ao máis alto nivel como son: 🎾 Joan Forcades, preparador físico de Rafael Nadal e Carlos Moyá 👟 Guillem Mascaró, preparador físico especializado en ultrafondo e trail running 👉 Esta nova cita xirará arredor do coñecemento e a innovación aplicada ao deporte, centrándose especialmente na relación entre exercicio físico, calidade de vida e avances tecnolóxicos Unha oportunidade única para coñecer unha visión de máximo nivel sobre rendemento e saúde, da man de dous referentes a nivel nacional nesta área Desta forma, seguimos abordando como a tecnoloxía está a revolucionar o campo do deporte e da saúde, da man de expertos de recoñecido prestixio Tralo éxito das pasadas edicións, nas que contamos con Enrique García Clavijo, Ezequiel Mosquera, Miguel Verdes, Miguel Ángel Leal e Lalo García, convidámoste a esta nova entrega do foro, na que contamos con patrocinio da Xunta de Galicia, do #Xacobeo2027, o Museo Das Peregrinacións e de Santiago e #PlexusSport🗓️ Venres, 17 de abril🕖 19:00h📌 Museo das Peregrinacións🎟️ Acceso gratuíto ata completar aforo🙌 Agardámoste! #tecnoloxía #deporte #innovación #envellecementoactivo #preparadorfisico #calidaddevida #tech #tenis #ultrafondo #Santiago ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.