O Xuvenil A escapa do descenso e o Infantil A mantense na pelexa

13 de Febreiro de 2017

Santiago de Compostela, a 13 de febrero de 2017.

As categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela viviron unha xornada atarefada, da que destacamos os triunfos do xuvenil de Liga Nacional, o Infantil A e o Benxamín, no playoff de descenso.

Os pupilos de Vecho sacaron forzas de fraqueza para sumar a súa segunda vitoria consecutiva, un triunfo ante un rival directo que lle permite subir postos na táboa.

Os tres puntos chegaron tras un auténtico partidazo no campo Manuel Jiménez ante o Arousa SC. Os santiagueses saíron moi enchufados e aos doce minutos xa ían gañando co tanto de Borja Márquez. Con todo, os locais, que tamén se estaban xogando moito, lograron a igualada á media hora de xogo coa diana de Miguel. Aínda así, pouco lles durou a alegría, xa que dous máis tarde Borja Márquez de novo asinaba un dobrete que ao cabo sería suficiente para conseguir o triunfo.

Agora, os santiagueses escapan da queima, ascendendo ao decimoterceiro posto, o cal tentarán mellorar aínda máis, se logran vencer a fin de semana próxima ao Racing de Ferrol, terceiro clasificado.

A diferenza do A, o xuvenil B non puido sumar na casa e segue metido na parte baixa da táboa. Esta vez caeron por 0-1 ante o Lalín e quedan no posto quince, ao bordo da salvación. O domingo ás 12h nas Cancelas buscarán ese triunfo tan necesario, ante o Milladoiro.

Do mesmo xeito que estes últimos, o Cadete tamén caeu derrotado, no seu caso, ante o Sálvora e por 3-1. Os de Xenxo adiantáronse no marcador moi rápido, no minuto 2, por medio de Raúl García, pero non puideron manter o marcador ante un Sálvora moi forte no seu campo, o Anexo A Fieiteira.

A pesar de todo, seguen asentados na metade táboa, aínda que ven decrecer a súa vantaxe, polo que tentarán, a diferenza do xuvenil, gañar na casa ao Lalín, o domingo ás 10h nas Cancelas.

A segunda nota positiva atopámola nun Infantil A que soubo remontar nos últimos dez minutos de partido, precisamente ante o Sálvora, e que ascende un posto na clasificación pola picada do Bertamiráns.

Os branquiazuis adiantáronse no 12 co gol de Adrián Álvarez, empatáronlles no 32, e volveron marcar no 38, tanto de Alejandro Parga. Despois, os locais remontaron para poñerse 3-2 no 67, pero Gerardo Lago no 70 e David Porto no 79 selaron unha remontada antolóxica. Tres puntos que saben a moito.

A próxima fin de semana buscarán manter esta boa dinámica ante o Puebla, último clasificado. Será o sábado ás 11:15 na Merced, Conxo.

Peor sorte correu o B, que perdeu por oito a cero ante o líder, o Bertamiráns. A próxima semana tentarán recuperar as boas sensacións ante o Villestro, o domingo ás 10h en Santa Isabel.

En canto aos alevíns, o A volveu perder no playoff polo título, esta vez por 3-5 ante o Atlético Riveira. Os tantos dos locais foron obra de Lucas Novo, David Porto e Mateo Barros. O próximo emparellamento será o vindeiro sábado ante o Conxo, ás 11:30 en Santa Isabel.

Pola súa banda, o B xogará este martes ás 18:30 en Santa Isabel o partido aprazado desta fin de semana. Despois xogará ante o Conxo, o sábado ás 9:30 en Santa Isabel.

Para terminar o repaso da canteira, o Benxamín sumou os seus primeiros puntos no playoff de descenso. Fíxoo despois de superar ao CD Conxo, líder da categoría, por 2-1.

Os pequenos branquiazuis remontaron o tanto inicial dos visitantes, por mediación de David Montes, no 36, e de Alejandro Prado, no 49.

Agora buscarán seguir progresando na táboa, gañando ao novo líder, a Escola Deportiva Santiago, o sábado ás 15:30 en Santa Isabel.

Por último citar que Abril Pazos está convocada coa selección galega sub12 feminina, para un adestramento nas Cancelas, hoxe ás 16:30; que Anxo Ferro está citado pola selección sub15 de Santiago, o mércores ás 16h na Merced; e que o propio mércores, ás 17h na Estrada, Aitor Fernández está citado pola selección galega sub18.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.