Presentación do Partido Solidario 25 aniversario Cenor a favor de Down Compostela

14 de Febreiro de 2017

photo5947285277296928734

Santiago de Compostela, a 14 de Febreiro de 2017.

Unha festa por unha boa causa. A Sociedade Deportiva Compostela, o Obradoiro e o Santiago Futsal participarán o próximo 22 de marzo ás 20:00 no “Partido Solidario Hoxe Xogamos Todos”, organizado por Cenor no seu 25 aniversario e a favor da asociación Down Compostela.

Un acto solidario no que ambas as entidades e os tres clubs queren convidar a todo o mundo para que axude nesta boa causa. Ademais, todos aqueles que acudan poderán gozar de xogadores de 2 metros metendo goles ou de futbolistas de 1,60 tentando encestar un triplo.

Será unha festa para todos e poderase gozar por só 5€ que custará a entrada. Con ela terás a opción de conseguir magníficos premios, así como adquirir entradas por 2×1 para un partido de cada club.

No acto estiveron presentes Javier González, por Grupo Cenor, José Luis Mateo, polo Obradoiro, Ramón García, polo Santiago Futsal, Ramón Castro, pola SD Compostela, e Juan Martínez, por Down Compostela. Ademais, tamén asistiron os xogadores Álex Diz, Alberto Corbacho e Santi Taboada.

O primeiro en falar foi Javier, director xeral de Cenor, que quixo agradecer á xente de Down Compostela e dos tres por participar nesta iniciativa. O xerente explicou que “Cenor ten, tiña e terá no ADN o obxectivo de estar preto dos pobos, dos barrios, da xente. O feito de que a nosa comunicación sexa que somos “unha tenda de barrio”, é porque cremos porque cremos que as tendas pequenas son o futuro”.

A continuación falou José Luis Mateo, director xeral do Obradoiro CAB, quen destacou que “este evento que une deporte, solidariedade e orixinalidade, e que estas son tres acenos de identidade que definen a unha compañía como Cenor”.

Por iso, “vai merecer moito a pena comprar unha entrada para o evento onde imos participar os tres equipos referencia da cidade, colaborando cunha moi boa causa”.

En terceiro lugar, Ramón García, presidente do Santiago Futsal, detallou a formación dos catro conxuntos que xogarán. O primeiro, dirixido por Moncho (Fran Cárdenas , Artem Pustovyi, Rosco Allen, Catela, Hugo Sánchez , Víctor López , Cabrejo, Tomás, Ube  e Bellido); o segundo, por Santi Valladares (Juan Castro Lombos,  Nacho Llovet, Deividas Dulkys, Pablo Tallón, Chinés,  Isma, Lucas, Saro, Samuel e Nogueira); o terceiro, por Yago Iglesias (Santi Yusta, Shayne Whittington, Mickey McConnell, Santi Valladares, Armando, Mel, Lorenzo, Uña, Diego Rey e Santi); e o cuarto, por Javier González (Pepe Pozas , Adam Pechacek, Eimantas Bendzius, os irmáns Antonio e Álex Diz, Chema Mella, Taboada, Make , David Rey e Mon).

Ademais retratou o que vai ser o acto que empezará ás 20:00. “Primeiro xogarán o equipos 1 e 2: 10´Fútbol + 10´Basket; un descanso; Equipos 3 e 4: 10´Basket + 10´Fútbol; descanso; e a final: 10´Fútbol e 10´Basket”.

En cuarto lugar, Ramón Castro, director de relacións externas e institucionais da SD Compostela, lembrou que as entradas se poderán adquirir a partir de venres 17 de Febreiro nas oficinas de Down Compostela e da Praza de Abastos, Tiro libre SQC, Ou Rei Zentolo e no Multiusos Fontes do Sar. No descanso celebrarase un gran sorteo de agasallos entre todos os asistentes ao partido e, aínda por riba, os que compren a súa entrada poderán beneficiarse dun 2×1 nos seguintes partidos: Obradoiro-Unicaja o 8 de Abril, Santiago Futsal-Peñíscola o 22 de Abril e SD Compostela-Club deportivo Choco o 23 de Abril.

Por último, Juan Martínez, presidente da fundación Down Compostela, clausurou o acto animando a todo o mundo a asistir e colaborar coa compra dunha entrada a 5€. “En Down non defendemos o comercio de barrio pero se nos dedicamos a defender os dereitos das persoas. Non temos 25 anos pero estamos preto, case 20 anos demostrando que as persoas con síndrome de Down son útiles. Creo que este partido pódenos sorprender así como as persoas con síndrome de down poden sorprender se se lles dá a oportunidade”, e lembrou que existe unha fila 0 para os que non poidan asistir: ES88 2080 5355 6530 4004 1523 (ABANCA).

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
🎯 #arousacompos🫂 Todos xuntos, a polo triunfo mañá no derbi! 🩵🤍 Queremos a terceira vitoria seguida como visitantesCon todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.