Os infantís demostran o seu poderío

21 de Febreiro de 2017

Santiago de Compostela, a 21 de Febreiro de 2017.

As categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela viviron unha fin de semana no que os dous equipos de infantís foron os grandes protagonistas, xa que foron os únicos que conseguiron gañar de todos os equipos. Aínda así, tamén cabe destacar os empates do xuvenil de Liga Nacional, ante o terceiro clasificado, e o do Cadete, despois de varias derrotas.

En primeiro lugar, o xuvenil A demostrou o seu gran momento de forma empatando a cero contra o Racing de Ferrol, terceiro clasificado; un resultado co que logran manterse invictos por terceira semana consecutiva.

Con este punto, o equipo de Vecho mantense no décimo terceiro lugar, con dous de vantaxe sobre o Conxo. Tentarán escapar dos postos baixos gañando a próxima xornada ao Santa Mariña, sétimo clasificado, un encontro que se xogará dentro de quince días.

Pola súa banda, o xuvenil B non tivo tanta sorte e mantén a súa mala xeira de resultados. Os mozos branquiazuis levan cinco partidos sen gañar, sendo o último deles ante o Milladoiro, este domingo. Os branquiazuis perderon por un gol a tres, tanto local anotado por Daniel Abeijón de penalti.

Con esta dinámica seguen sen escapar dos postos baixos da táboa, pero tentarano o vindeiro sábado ás 16:30 no San Lázaro de Noia, no encontro que disputarán ante o conxunto local.

Do mesmo xeito que o xuvenil A, o Cadete sumou un punto, esta vez en casa ante o Lalín e rompe así un refacho de catro derrotas consecutivas. Os de Xenxo tiveron que remar ao contracorrente contra os visitantes, xa que se puxeron por diante dúas veces, ambas neutralizadas polos santiagueses. Alejandro Pérez e Juan Mallo foron os goleadores dos branquiazuis, que seguen décimos con 29 puntos. O seu próximo partido será este domingo ás 11h en Villestro, contra o cadro local.

Con todo, a categoría que máis fixo gozar aos afeccionados santiagueses foron os infantís. Ambos conseguiron importantes triunfos que, a un manteno nos postos máis altos da clasificación e ao outro o afianza na metade de táboa.

O A gañou por doce a cero ao Puebla, con tantos de Alejandro Parga (cinco), Adrián Álvarez (dous), Gerardo Lago (dous), Gorka Madariaga, Sergio Rendo e Rubén Sande. Con este resultado seguen terceiros, axexando ao Amio e ao Cabo de Cruz. O seu próximo partido será contra o Negreira, o sábado ás 11h en Cepeda.

O B tamén triunfou, no seu caso ante o Villestro, por 2-0, con dobrete de Mauro Iglesias. No seu caso, o seu próximo encontro será ante o A Baña, dentro de quince días.

Do mesmo xeito que o infantil B, ambos os alevíns e o benxamín tamén xogarán o próximo choque dentro de dúas semanas, contra o Crocha, o Atlético Fátima e Compañía de María, respectivamente.

O Alevín A chegará despois do partido que xogarán o xoves ante o Conxo, ás 19h na Merced. O Alevín B despois de perder por 0-3 precisamente contra o Conxo. Mentres que o Benxamín, tras perder por 3-1 ante o Escola Deportiva Santiago, co gol de Mateo Vázquez.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

6 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Lanzada a Campaña de Abonos de Media Tempada da SD Compostela🎯 Obxectivo 3.000 abonos🤝 Prezos incribles🔟 partidos (9 da 2ª Volta e o último da 1ª)💻 Abónate online aquí👉 sdcompostela.compralaentrada.com/🙌 Toda a ℹ️ 👉 sdcompostela.com/gl/2024/12/02/campana-abonos-media-tempada-24-25/#quérotecompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚽️ Este domingo, queremos unha nova vitoria como visitantes para continuar coa boa dinámica!x15 🆚 RS Gimnástica 🏟️ O Malecón🗓️ Domingo 08/12🕛 12.00 horas #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐋𝐀𝐍 𝐒𝐄𝐌𝐀𝐍𝐀𝐋⚒️ Comezamos con xornada de descanso, nunha semana de desprazamento a Cantabria para os nosos⚽️ Teremos cinco sesións de adestramentos para preparar a visita ao Malecón para medirnos á RS Gimnástica #rsgcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario a 𝐆𝐢𝐮𝐥𝐢𝐚𝐧𝐨 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Giuliano!🙌 Que veñan acompañados de moitos éxitos! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Lito Vila Baleato (coautor co seu irmán César do libro sobre a historia da SD COMPOSTELA) aporta en "A gran final" un relato sobre un día histórico da nosa entidade e moi lembrado pola afección picheleira.O libro, que se presenta hoxe no CulturGal en Pontevedra, conta tamén con relatos do excompostelanista Jesús Torres, a santiaguesa Vero Boquete e outros nomes vencellados ao mundo das letras e o fútbol galego. ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.