Axexando o playoff

25 de Febreiro de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/-PSAsygvcSE” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 24 de Febreiro de 2017.

A Sociedade Deportiva Compostela xogará mañá un partido “moi importante” para o seu futuro na competición. A partir das 16:45, na Magdalena, enfrontaranse o Racing Villalbés, cuarto clasificado con 49 puntos, e o Compos, sextos a catro dos lucenses.

Será un encontro entre dous rivais cun nivel similar, como xa se demostrou na primeira volta, cando os santiagueses gañaron por un gol a cero, grazas ao sensacional tanto de David Nogueira. Con todo, a situación de ambos os conxuntos cambiou bastante desde aquela. Aínda que a SD está nunha posición moi similar, mellorou considerablemente os seus rexistros fóra de San Lázaro; mentres que o Vilalbés comezou a segunda volta sen o tirón da primeira, na que non perdera un partido ata chegar ao coliseo branquiazul.

Con todo, os de Vilalba aínda non coñecen a derrota na casa, onde gañaron todos os seus encontros, a excepción dun empate contra o Negreira na xornada nove. Por iso, a consecución do triunfo será moi complicada, pero posible.

Neste aspecto, Yago Iglesias quixo destacar hoxe en rolda de prensa que o seu equipo “está nunha boa dinámica, como o din os resultados”. Para o ribeirense, “estamos a gañar enteiros para ser mellores. Confío en que se fagamos un partido serio, e se somos competitivos, en Villalba conseguiremos o premio da vitoria”.

O técnico branquiazul ten “visualizado un partido nos que uns xogadores son os que mellor se adaptan; e a partir de aí tentaremos levar a iniciativa do xogo”. De feito, neste punto está moi convencido de que “queremos ter a posesión, ter a iniciativa e gañar o partido por méritos propios”.

Para iso, Yago poderá contar con todos os xogadores que ten no plantel, e levaraos a todos, para que os que non entren na convocatoria poidan adestrar e non estar parados tanto tempo. Todos eles “teñen ganas de que chegue mañá e queren que chegue o partido para regresar cos tres puntos”.

Os xogadores saben que é unha posibilidade “de pegar un salto cualitativo moi grande, xa que se gañamos poñeranos nunha situación moi boa para loitar por algo bonito”.

A pesar de que enfronte terán a un conxunto no que todos se coñecen moi ben, porque “o adestrador e o 90% do plantel é a do ano pasado”, adestrador e xogadores están convencidos de que poden lograr a vitoria. Un soño que se se fai realidade, colocaraos axexando o playoff.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

24 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.