O xuvenil de Nacional comanda a xornada da base

11 de Abril de 2017

Santiago de Compostela, a 10 de Abril de 2017.

As categorías inferiores da Sociedade Deportiva Compostela viviron unha fin de semana con resultados dispares, antes do parón de Semana Santa. O que maior alegría levou foi o Xuvenil de Nacional, que gañou fóra de casa e achegouse un pouco máis á salvación. Tamén gañaron o Infantil A e o Alevín B. Por contra, perderon os seus partidos o Cadete, Infantil B, Alevín A e o Benxamín.

Chegados ao final de tempada, os puntos cotízanse moito, máis aínda se estás a tentar evitar o descenso. Por iso, a vitoria do Xuvenil de Nacional en Os Carrís resultou tan importante.

O cadro branquiazul conseguiu superar ao pechacancelas, nun encontro que dominou de principio a fin, pero que se lle atragantou cun gol en propia porta. Con todo, soubo reaccionar e con dous tantos de Jesús Becerra, levou os tres puntos.

Con este resultado ascenderon ao décimo terceiro posto da táboa, posición máis tranquila, despois de que os tres equipos galegos de División de Honra gañasen os seus partidos e salvasen a categoría. Así, só haberá un arrastre. A competición renovarase o día 30, xa que competirá a selección galega sub18 estes días. O Compos voltará cun duro encontro contra o Vitoria, equipo que loita polo ascenso, nas Cancelas.

Pola súa banda, o Xuvenil B non xogou esta fin de semana, xa que o seu partido contra o Aguiño está programado para este martes ás 17h na Tasca. Despois non xogarán ata o día 22, cando se enfrontarán ao Val do Ulla.

En canto ao Cadete, perdeu por 3-6 o derbi cun Santiago que está quinto e aínda aspira a meterse na zona de ascenso. Os branquiazuis adiantáronse no marcador co dobrete de Marcos Andrade, pero os visitantes conseguirían empatar rapidamente. De novo Marcos Andrade selaría o seu hat trick no 54, pero a partir de aí chegaría o vendaval santiagués con catro goles.

Do mesmo xeito que o xuvenil de comarcal, estes tamén xogarán entre semana o partido aprazado da xornada 30. O encontro será contra o Crocha, o mércores ás 11:30 e xogarase no campo de Cadreche (La Puebla).

O Infantil A, tras a súa derrota ante o Amio, remontou o voo cunha goleada por 6-0 ante o Dubra, recuperando deste xeito o cuarto posto. Os goles locais foron obra de Martín Calatayud, Samuel Gutiérrez, Anxo Ferro, Gerardo Lago, Alejandro Parga e Adrián Álvarez.

O B non tivo tanta sorte e caeu derrotado por 8-0 ante o Manuel Peleteiro, comezando cun tropezón a fase previa da Copa de Santiago.

Tamén recibiu un resultado avultado o Alevín A, que sufriu un 0-12 no playoff polo título ante o Bertamiráns. Un mal día na oficina, pero seguen undécimos.

Pola súa banda, o Alevín B sacou a relucir a súa clase para triunfar ante o Burgo dás Nacións por 5-1. Xiao Pereiro, Etien Pignol (por dúas veces), Héctor Veiga e Lois Lortes foron os encargados de perforar a portería dos visitantes. Con esta vitoria mantéñense no sétimo lugar da táboa.

E nos Benxamíns, a sorte tampouco lles sorriu. A pesar de adiantarse no marcador co gol de Mauro Crespo, perderon por un gol a dous ante o Racing San Lorenzo. Aínda así, manteñen o sexto lugar, xusto por encima da queima do descenso.

Por último citar que Abril Pazos, coa feminina, e Pablo López e Roi Lortes, coa masculina, competirán este martes coa selección de Santiago sub12 no Campionato de Seleccións Comarcais que se xogará en Villalba. Ademais, a propia Abril Pazos xogará con selección sub12 feminina galega, un amigable o próximo día 17.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
🤝 Este semana visitamos aos nosos amigos de Clínica & akt para facerlle un agasallo polo bo trato e o coidado dos nosos xogadores!🙌 Por exemplo, o seu tratamento coa tecnoloxía Indiba Activ foi fundamental para acelerar a recuperación de Pato!🦶 Ademais, os seus estudos biomecánicos da pisada permiten aos nosos coidar a súa saúde!💙 Moitas grazas por seguir un ano máis ao noso carón!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎Confirmouse a peor nova. As probas por imaxe (Resonancia Magnética Nuclear) realizadas a Samuel Rodriguez Noya confirmaron o primeiro diagnóstico de rotura do Ligamento cruzado anterior. Polo tanto, precisará reparación cirúrxica!💪 Moito ánimo, 𝐒𝐚𝐦𝐮!!! ESTAMOS CONTIGO!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🍻 Cos nosos amigos de Fútbol Mahou, onte despedimos a tempada coa entrega do 🏆 ao #JugadorCincoEstrellas, que recibiu 𝐃𝐚𝐫í𝐨 𝐆𝐞𝐫𝐦𝐢𝐥!!!💙 Os nosos pecharon a campaña cun evento de convivencia no Pub Lucille, previo ás vacacións de verán!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.