Unha primeira rolda de playoff

13 de Abril de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://www.youtube.com/watch?v=SK3ukMDMhAU” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 14 de Abril de 2017.

Despois do tropezo na casa contra o Villalonga, o Compos buscará este domingo, no Baltasar Pujales, retomar a senda do triunfo, permitíndolle deste xeito depender de si mesmo para meterse no playoff de ascenso a Segunda División B.

Para pelexar por este obxectivo, esta fin de semana terán enfronte un duro rival, o Rápido de Bouzas, segundo clasificado con 64 puntos, e que xa arrincou un empate na súa visita a San Lázaro na primeira volta.

Así, o partido deste domingo preséntase como “outra oportunidade de lograr os tres puntos”, comenta Yago Iglesias. “Matematicamente temos algunha opción máis, aínda que non dependemos de nós. Con todo, hai moitos enfrontamentos directos, polo que loitaremos ata o final por entrar nas prazas de playoff”.

Un deses partidos directos será precisamente o que vivirán ambos os conxuntos o domingo, xa que se enfrontan segundo contra sétimo. “É un partido moi importante, necesitamos sumar, pero debemos tomalo como un encontro máis”, explica o mediocentro vigués Ube.

Pola súa banda, o técnico branquiazul analiza o duelo como “unha primeira fase de playoff, un choque no que hai que traer algo positivo de alá”. O adestrador prevé “un partido igualado, que nos obrigará a realizar un partido moi serio”. O que máis teme o preparador compostelán é o terreo de xogo. “É un campo de herba sintética, con moito caucho, polo que o balón bota moi irregular. Ademais, o seu perfil de xogo baséase en buscar balóns rápidos ao seu dianteiro, polo que nos deberemos adaptar moi ben a iso”, explica. Con todo, e en palabras de Ube, este non ten que ser un hándicap. “Despregamos o noso xogo mellor en San Lázaro, pero debemos adaptarnos a calquera condicionante”, reitera.

Nese escenario, Ube sentirase como na casa, xa que virán moitos familiares e amigos a velo. O mozo tentará seguir coa súa boa liña de xogo, unha vez se gañou un posto no once titular. Esta vez, poderá contar ao seu lado con Mon, se Yago así o decide, aínda que “todos os meus compañeiros axúdanme moito no campo e aprendo moito deles”.

Por outra banda, será unha xornada atípica, xa que o domingo á tarde xa se xogaron case todos os partidos de liga. Este factor non gusta especialmente a Yago. “Pode facer efecto no negativo, pero temos que revertelo como sexa”, argumenta.

O obxectivo está claro, “volver á boa senda e se despois hai sorte no resto de encontros, mellor que mellor”. No Baltasar Pujales, deberemos ver ao Compos das mellores tardes para traer os tres puntos. Pode ser un golpe na mesa para o últimas catro xornadas. Os homes de Yago téñeno claro, hai que superar esta primeira rolda eliminatoria!!

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

2 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
▶️ 𝑨 𝑷𝑶𝑳𝑨 𝑺𝑬𝑮𝑼𝑵𝑫𝑨 𝑴𝑬𝑻𝑨𝑫𝑬!!!S. D. Tarazona 0️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀🙌 𝐔𝐍 𝐏𝐋𝐀𝐘𝐎𝐅𝐅 𝐏𝐀𝐑𝐀 𝐒𝐎Ñ𝐀𝐑 🙌⚔ SEGUIMOS A POR TODAAASSS!!! TODOS XUNTOOOSSS!!! ⚔#MakeComposGreatAgain #TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.