A balanza decantouse para o Bouzas

16 de Abril de 2017
DSC_0038
Momento da primeira metade do encontro entre o Bouzas e o Compos. Foto: Amadeo Rey.

Santiago de Compostela, a 16 de Abril de 2017.

O fútbol volve a non sorrir ao Compos. Nun partido moi igualado de principio a fin, os mozos de Yago Iglesias perderon contra o Bouzas por 1-0, mercé a un tanto nos últimos instantes do encontro.

Tras conseguir adaptarse ben a un partido que os locais levaron ao seu terreo, os branquiazuis acabárono pagando ao final. Un tanto de Youssef nunha contra no 85 certificou o triunfo do Bouzas na súa casa.

Disputábase hoxe no Baltasar Pujales un encontro transcendental para as aspiracións de playoff de Bouzas e Compos. Por iso, ambos os conxuntos saíron ao campo cun gran respecto sobre o rival, buscando xerar perigo, pero ben resgardados atrás.

Deste xeito, vivimos unha primeira metade con moito contacto físico no centro do campo e sen achegamentos polas áreas. De feito, podemos contabilizar dous polo Compos e un polo Bouzas, aínda que sen excesivo perigo.

A primeira chegou no 10, nun libre indirecto que rexeitou a barreira e cuxo rexeite enganchou Ube, pero o seu tiro atrapouno Diego. Chegando á media terían a súa os locais, cun lanzamento de Juanma, nun balón solto, que se lle escapou a un lado. E por último, no 43, sería Nogueira o que pescaría un balón solto coa zurda que atraparía o meta local.

Así se foi ao descanso, pero na segunda o partido xa comezou con outra cara. Ambos os conxuntos desmelenáronse e empezaron a xerar máis xogo, sobre todo os nosos, que en quince minutos dominaron a contenda por completo. A base de que Recoba se asociase moi ben por dentro cos tres mediocentros, o Compos facía moito perigo.

Nestes instantes, por dúas veces, Nogueira non acertaba co marco local, en balóns repescados tras despexes dos defensas. Pero a máis clara teríaa Make nas súas botas. Balón ás costas da defensa, que picaba o lucense, quedándose só ante Diego pero, con todo a favor, mandábaa rozando o pau dereito.

Salvábase o Bouzas e respondía cunha contra na que Carneiro gañaba o balón, deixábaa para Pardavila e este, coa esquerda, lanzaba un chute que despexaba a córner Lucas.

Tras esta dobre ocasión, volveríase a trabar o encontro, favorecido tamén polos cambios en ambos os lados.

E cando parecía que o resultado acabaría en táboas, o mazazo. O Bouzas arrincaba unha contra pola esquerda, Coti cedíaa para Parda, este buscaba o tiro coa dereita, pero ao non ter oco, cedíaa para Youssef e o extremo, cun gran dereitazo que pasaba por baixo dos pés de Cabrejo, anotaba o tanto local que certificaba o seu triunfo.

Os tres puntos escapábanse por segunda xornada consecutiva e o Compos resignábase ante a mala sorte que o persegue estes últimos días. Para máis, todos os rivais directos gañaron e o playoff afástase a cinco puntos. Toca levantar cabeza e a pensar no Choco para, se os adversarios fallan, poder coller un último tren ao playoff.

FICHA TÉCNICA

1- Rápido de Bouzas: Diego; Jesús Varela, Adrián, Xisco, Coti; Juanma Torres, Yago Pérez; Diego Diz (Parda, m.46), Carlos Pereira (Tomás, m.56), Youssef; e Carneiro (Rulo, m.70).

0- SD Compostela: Lucas; Uña (Samu, m.75), David Rey, Cardeñosa, Cabrejo; Mon, Ube (Santi Gegunde, m.69); Diego Rey, Make, Recoba (Martín, m.81); e David Nogueira.

Goles: 1-0: Youssef, min.85.

Árbitro: Gómez Lameiro, colexio pontevedrés. Amoestou a Youssef e Juanma Torres, polos locais; e a Nogueira, Cabrejo e Mon, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo cuarta xornada de liga de Terceira División que se disputou no Baltasar Pujales ante 250 espectadores.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🔛 COMEZOUArosa SC 🆚️ COMPOS💪🩵🤍#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.