Remate en San Lázaro cun derbi

5 de Maio de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/Dn5wDLD2Jag” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 5 de Maio de 2017.

A tempada 2016/17 para a SD Compostela está a chegar ao seu fin. Só quedan dous partidos para pechar un ano de transición, cun plantel novo destinado a lograr grandes metas nun futuro a medio ou longo prazo. Polo tanto, este domingo a afección compostelanista poderá despedir ao seu conxunto no último encontro do curso disputado no fortín santiagués, onde conseguiu a gran parte dos seus puntos.

Este último partido será se cabe máis especial debido ao rival. A SD Negreira,ademais da súa proximidade xeográfica, conta nas súas filas con ata sete xogadores con pasado branquiazul, polo que será un choque especial para todos eles. Un derbi no que ambos os conxuntos sairán a acabar a tempada da mellor maneira posible, na que xa non se xogan nada a estas alturas.

Tanto xogadores como corpo técnico teñen isto moi en mente, e neses termos reflectiuno o técnico dos santiagues, Yago Iglesias. “O escenario de San Lazaro xa sabemos o que significa para os rivais. Sempre queren facer un bo partido aquí e máis sendo ex compostelanistas. Van vir a dar o 100%”, asegurou.

Pola súa banda, o conxunto da capital galega quere “acabar a tempada con boas sensacións, porque é importante pensando no ano próximo”, explicou o seu adestrador. En palabras do míster, “queremos acabar sumando de tres, porque levamos tempo sen conseguilo e porque é bo para o ánimo da afección e dos xogadores”.

Para iso, é importante “ser o Compostela de practicamente todo o ano en San Lázaro. Ser agresivos, ter o balón e sobre todo, non deixarnos ir”.

O encontro ademais servirá para despedir a dous xogadorazos como son Cabrejo e David Rey, que colgarán as botas este curso. Ambos, xunto a Cardeñosa, tal como explicou Yago, tiveron un papel moi importante nun grupo tan novo como o da SD Compostela. “Cando confeccionamos o plantel, buscabamos algún xogador con experiencia para levar o vestiario e niso foron e son como os pais do equipo. O traballo que fixeron dentro do grupo é máis importante que o que se puido ver no campo, onde renderon a un nivel moi alto tamén”.

Por todo o anterior, os santiagueses queren pechar o ano cunha boa dinámica e por iso, o domingo, sairán a por todas. Non queren que se escapen máis puntos de San Lázaro e darán o 200% para que isto non suceda. A xente que vaia ao campo ten que gozar co xogo realizado polo seu equipo, pechando deste xeito, segundo o propio David Rey, “unha tempada de transición na que cumprimos con creces”. O obxectivo é que o fin de festa en San Lázaro sexa feliz.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMO PARTIDO CONFIRMADO⚽️ Xornada 5🆚 Real Oviedo Vetusta🗓️ Domingo, 04/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete🤝 Patrocinado por Proxecto Touro - Cobre San Rafael#composoviedovetusta ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.