Tres puntos nunha tarde de despedidas

7 de Maio de 2017
20170507_211429
David Nogueira empuxa á rede o balón, no derbi patrocinado por MC Interiorismo Modular.

Santiago de Compostela, a 7 de Maio de 2017.

No último partido da tempada en San Lázaro, o Compos despediu á súa afección cunha vitoria por un gol a cero ante o Negreira, nun derbi no que ambos os conxuntos acusaron o feito de non xogarse nada, en canto a aspiracións clasificatorias se refire.

O derbi vivido en San Lázaro foi un encontro igualado na que a maior efectividade local decantou a balanza. David Nogueira foi o autor do único tanto do choque, o único xogador capaz de perforar a portería rival, a pesar da gran cantidade de ocasións coas que contaron.

Foron tres puntos nun día de despedidas, xa que non só se pechou o curso en San Lázaro, senón que tamén dous xogadores despedíronse do fortín santiagués como futbolistas. Juan Cabrejo e David Rey calzáronse as botas por última vez no seu campo.

Cos obxectivos da tempada máis que logrados, Compos e Negreira saltaron ao campo de San Lázaro buscando unha vitoria que lles permitise pechar o curso da mellor maneira posible. Esta circunstancia provocou que ambos tivesen un pouco menos de agresividade, vivindo un inicio de encontro tranquilo, o cal só foi trastornado por dous cambios nas filas visitantes, ambos por lesión. Ademais, neses quince minutos, tamén gozamos dunha oportunidade para cada lado. Primeiro Nogueira enviaba ao pau un zurdazo de socato e despois Chiño durmíase no man a man con Lorenzo, tras quedar só desde o centro do campo.

Estas foron as primeiras accións dun encontro que rompeu á media hora de xogo. No 29, Jacobo Tato enviaba rozando o pau un tiro desde a frontal, e cinco máis tarde, chegaba o gol local. Saro enviaba desde o medio do campo un pase en profundidade que caía no punto de penalti, onde aparecía David Nogueira para remachar á rede cun toque ao lateral interior da mesma.

De novo Tato daría un susto á bancada, cun dereitazo que se ía fóra por moi pouco, e despois o capitán branquiazul Taboada, que hoxe xogou coma mediocentro, provocaba que Álex Pouso sacase a relucir a súa calidade, cunha palomita ao tiro de clase de Tabo.

Con este final da primeira metade, parecía que o partido seguiría moi bonito para a segunda, con todo, á volta dos vestiarios, as cousas cambiaron. O Compos, como dixo Yago en rolda de prensa, apostou máis por aguantar o resultado, antes que outra cousa, e así vivimos 45 minutos máis trabados.

Aínda así, a primeira ocasión da segunda sería para os nosos, cun tiro coa dereita de Mon desde a frontal que atrapaba Álex. Reaccionaría rápido o Negreira con dúas ocasións á hora de xogo, pero Quintairos no man a man e Rendo nun tiro potente desde a dereita, non conseguiron superar a un gran Lorenzo.

Así, non sería ata os dez últimos minutos, cando cun Negreira envorcado, se viron as ocasións máis claras. O primeiro en tentalo foi o Compos, quen tivo o segundo nas botas de Cabrejo, pero o lateral non puido aproveitar un balón solto na área pequena, no día da súa despedida de San Lázaro. Tampouco acertaría coas redes o central visitante Angelo, quen tras un córner botado ao segundo pau, remataba de cabeza ao traveseiro. A xogada viña precedida dun intento de vaselina de Quintairos que despexara a saque de esquina Lorenzo.

A pesar de que o árbitro engadiu cinco minutos, xa non se viron máis oportunidades. Os tres puntos quedaron na casa de novo, e o Compos puido despedir á súa afección, a David Rey e a Cabrejo, cunha vitoria. Foi unha bonita forma de agradecer o apoio durante todo o curso dos compostelanistas, así como o traballo “dos dous pais do plantel”. Hoxe toca gozar con este triunfo.

FICHA TÉCNICA

1- SD Compostela: Lorenzo; Saro, David Rey, Uña (Cardeñosa, m.60), Cabrejo; Taboada, Mon; Diego Rey (Ander, m.72), Samu, Recoba (Santi Gegunde, m.65); e David Nogueira.

0- SD Negreira: Álex Pouso; Pignol, Fernando, Angelo (C), Ander (Rendo, m.6); Anxo (Cristian, m.71), Juan; Cea, Tato, Chiño (Quintairos, m.17); e Capelo.

Goles: 1-0: David Nogueira, min.35.

Árbitro: Ventoso Noal, colexio boirense. Amoestou a David Rey, polos locais; e a Cea, polos visitantes.

Incidencias: Partido da trixésimo sétima xornada de liga de Terceira División disputado no Estadio de San Lázaro ante 640 espectadores. Ao final do encontro, corpo técnico, plantel e directiva dedicaron un aplauso de agradecemento aos afeccionados.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

7 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀🎥 Revive a presentación oficial de Manel Menéndez na Brasería A Grella!!!💙 O novo técnico da SD Compostela deu as súas primeiras declaracións nas instalacións do seu patrocinador oficial!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🙌 O Compos segue avanzando na súa dixitalización co novo patrocinio con Cluber App!!!💻 Grazas ao seu software de xestión, melloramos o servizo para a inscrición dos futbolistas, o cobro de cotas ou os trámites administrativos!!!💙 Benvidos ao Compos!!!#PatrocinioCluber ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🤝 Grazas Bodegas sampayolo polo voso apoio e compromiso durante esta Tempada!!!🙌 Grazas por formar parte do noso proxecto e por confiar e crecer da man do Compos!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🦷 En Clínica Baltar, a 𝐂𝐥í𝐧𝐢𝐜𝐚 𝐃𝐞𝐧𝐭𝐚𝐥 𝐎𝐟𝐢𝐜𝐢𝐚𝐥 da SD Compostela estamos nas mellores mans para coidar a nosa saúde bucodental!!!🪥 O último en visitar as súas instalacións foi Samu Rodriguez para coñecer os seus servizos e tratamentos!!! Recorda que como abonado contas con descontos especiais!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.