O Compos despide o ano en Barbadás

12 de Maio de 2017

[cs_video column_size=”1/1″ video_url=”https://youtu.be/aBLrFIEoJes” video_width=”500″ video_height=”250″][/cs_video]

Santiago de Compostela, a 12 de Maio de 2017.

Este sábado pecharase unha tempada máis da SD Compostela, un ano de transición na Terceira División no que se asentaron cun club repleto de xente nova. Estes xogadores demostraron a súa valía, mellorando cada mes, demostrando a súa rodaxe nunha nova categoría, para algúns deles.

Así, tras non ser capaces de meterse no playoff, loitarán por manter a sétima praza na dura visita ao campo dos Carrís, en Barbadás. Un encontro que se xogará nun campo de herba artificial, moi diferente ao que está afeito pisar o cadro branquiazul.

Na primeira volta, a vitoria quedou na casa, con dous goles nas postrimerías do encontro, polo que corpo técnico e plantel esperan repetir o triunfo. “Imos a por os tres puntos, para superar os 60”, comentou Yago en rolda de prensa.

Para iso, “teremos que adaptarnos a un terreo de xogo cunhas condicións moi diferentes ás que estamos afeitos”, sinala. O campo dos Carrís, é de herba artificial, con moito caucho, xa que nel “xogan moitos conxuntos da zona”.

Debido a estas circunstancias, “optaremos por un tipo de xogador para un fútbol máis directo, con menos posesión e máis verticais, máis físicos no duelo”, explicou o técnico branquiazul.

Entre eles, espera estar Samu, que volveu a xogar nas últimas xornadas. “Empezo a sentirme ben fisicamente outra vez. É unha pena que volva coller sensacións agora tan tarde, pero é que me custou moito volver ao grupo tras a lesión”, afirmou o xogador.

O mediocentro tamén destacou que irán a terras ourensás a gañar, porque “queremos quedar o máis arriba posible”. Segundo Samu, o grupo ten a sensación de que non entraron en playoff por erros propios. “Faltounos dar ese plus para poder entrar”, aclarou.

Por último, Yago definiu ao rival deste sábado, o Barbadás, como “un equipo con xogadores moi interesantes. Ficharon a varios portugueses, entre eles o dianteiro Rodri, que xogou nas categorías inferiores do Benfica”.

Así, a tarefa non será nada sinxela, pero buscarán a forma de poder lograr unha vitoria coa que pechar o ano en boa dinámica. O obxectivo é despedir o ano en Ourense co cuarto triunfo de visitantes.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Atlético Arteixo 🩵🤍 Os nosos para o encontro de volta da eliminatoria de play off na nosa casa✅ Convocados todos os xogadores do primeiro equipo e Lucas, da Canteira Picheleira #composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O noso adestrador analizou a previa do partido de volta do play off, que se disputará mañá na nosa casa👉 Co apoio de todos dende a bancada, os nosos buscarán a remontada, para acadar o pase á seguinte rolda#composarteixo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⚽💙 Este domingo temos unha cita co fútbol galego.En TEN estamos orgullosos de apoiar ao SD Compostela e de formar parte dos proxectos que contribúen a fortalecer o deporte e a vida social da nosa contorna.📅 Domingo, 7 de xuño🕡 18:30 h📍 Estadio Verónica BoqueteMoita sorte!#SDCompostela #fútbolgalego ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.