Novo punto do Nacional e o Benxamín segue enchufado

16 de Maio de 2017

Santiago de Compostela, a 15 de Maio de 2017.

Grandes resultados para os dous únicos conxuntos das categorías inferiores do Compos que seguen na competición ligueira. O Xuvenil de Nacional sumou un novo punto ante, probablemente, un dos conxuntos que ascenda a División de Honra, mentres que o Benxamín sumou o seu segundo triunfo consecutivo e afástase dos postos de perigo.

Á súa vez, nas Copa de Sar e Santiago, o Xuvenil B e o Cadete perderon os seus partidos de ida. Pola súa banda, o Infantil A gañou o seu con contundencia.

Empezando co Xuvenil de Nacional, este sumou un novo punto na súa loita pola salvación. Ante un complicado rival, como o Racing Villalbés, segundo situado para o ascenso, sacou un valiosísimo empate a cero goles, co que consegue manter unha distancia de tres puntos co posto de arrastre a falta de dúas xornadas. Con todo, mantén dous conxuntos entre medias e está empatado cun terceiro, o CD Conxo.

Se quere asegurar a permanencia, o Compos deberá sumar algún punto na súa visita ao CD Choco, o próximo día 28 de maio, ás 12h, no Campo de Santa Mariña.  

Pola súa banda, o Xuvenil B non comezou con moi bo pé nos cuartos de final da Copa de Santiago, xa que caeu en casa por 0-2 ante o CD Conxo. Con este marcador, non queda outra que buscar a remontada na volta, a cal se disputará o sábado ás 17h na Merced (Conxo).

Do mesmo xeito que os anteriores, o Cadete tamén perdeu nos cuartos da Copa Santiago, aínda que no seu caso logrou marcar gol sendo visitante. Os branquiazuis puxéronse por diante no marcador co tanto de Alejandro Domínguez, pero o Amio remontou para acabar o choque 4-1. A volta será o domingo ás 9:30 na Merced.

Mellor sorte correu o Infantil A, o cal goleou ao SR Calo na primeira rolda da Copa do Sar. O resultado final foi de 0-4, cos tantos de Martín Rodríguez, Martín Díaz, Adrián Álvarez e Iago Fernández, polo que a eliminatoria quedou moi encarrilada. Antes de xogar a volta, enfrontarase ao SD Valiño Cabo dá Cruz na fase de ascenso a Liga Galega, o día 24 ás 20:15 no campo de Vista Alegre (Boiro).

Os alevíns, xa coa competición terminada, empataron nun amigable contra o Vitoria FC a un gol, tanto de Iván Vilaseco. Esta semana, o A xogará un Torneo en Oroso o 17 e outro en Rianxo o 21; mentres que o B xogará o Torneo de Noia o 20.

Por último, o Benxamín sumou unha vitoria moi importante para asegurar a permanencia no playoff de descenso. Os nenos branquiazuis gañaron por 1-4 ao Compañía de María, aumentando deste xeito a vantaxe sobre o descenso a cinco puntos. Os goles dos santiagueses foron obra de Lola Broullón, Sergio Dávila, Mauro Crespo e Mateo Vázquez.

Agora, poderán aumentar esa vantaxe conquerida, gañando ao Vista Alegre, último clasificado do playoff, o sábado ás 10h en Cancelas.

Ademais, citar que Abril Pazos e Pablo López xogarán a Fase Final de Seleccións Comarcais, coa de Santiago sub12, feminina e masculina respectivamente, o mércores en Narón.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
Feliz Día das #LetrasGalegas2025Unha lingua, unha cultura e unha identidade propias que nos identifican 🩵🤍Este ano está dedicado ás cantareiras, e por iso queremos compartir a serie documental 'Se canto é porque quero' da Real Academia Galega 🎥 academia.gal/comunicacion/videos/agrupacion-1730767 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
BONOS CORAZÓN COMPOSTELA 2025 🩵🤍👉 Mañá, ás 9.30 horas, ábrese o prazo para adquirir os Bonos Corazón🙌 Poderás utilizalos na nosa TENDA OFICIALCada persoa pode descargar ata 3 bonos de 50€ (IVE incluído), cofinanciados nun 40% polo Pazo de Raxoi Dispoñibles ata o 16 de xuño ou ata esgotar o saldo➕ℹ️ en bonoscorazoncompostela.gal#tendaoficialcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
Sempre nas boas. Sempre nas malas. Sempre Compos 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/05/05/sempre-nas-boas-sempre-nas-malas-sempre-compostela/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 weeks ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐝𝐏🎙️ 𝐒𝐞𝐜𝐡𝐨#ComposValladolidPromesas ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.