Yago Iglesias, renova có Compos

23 de Maio de 2017
Yago Iglesias, xunto a directiva, na rolda de prensa de este martes.
Yago Iglesias, xunto a directiva, na rolda de prensa de este martes.

Santiago de Compostela, a 23 de Maio de 2017.

A tempada 2017/18 da SD Compostela comeza a coller forma e o primeiro paso para manter o proxecto iniciado o curso pasado é a continuidade do corpo técnico. Yago Iglesias (06/10/1982) seguirá sendo, un ano máis, o adestrador do Compos. Acompañado polo seu corpo técnico, dirixirá a entidade santiaguesa na súa segunda tempada na Terceira División Galega.

Tras un curso de transición, na que o club quedou na sétima posición con 62 puntos, o Compos encara un novo ano na que o obxectivo será “dar un salto e entrar no playoff”, tal e como reflectiron Yago Iglesias, o presidente, Antonio Quinteiro, e o director deportivo, Manu Castiñeiras, na rolda de prensa na que se confirmou a continuidade do técnico.

O dirixente do club santiagués quixo felicitar a Yago e os seus colaboradores polo logrado na tempada, conseguindo “cun grupo totalmente novo, realizado de forma express, e nun lugar e club novo, os obxectivos marcados a principio de tempada con suficiencia”. Por iso, “estamos satisfeitos coa decisión tomada o ano pasado de elixilo a el como o temón deste proxecto”.

Así, o presidente recalcou que “queremos que sexa o ano da continuidade, tras un curso de rodaxe no que aprendemos moito todos”.

Pola súa banda, Yago, e facendo partícipe aos seus compañeiros, quixo dar as grazas á directiva por “manter a confianza en que sigamos á fronte do proxecto”. O técnico matizou que o verán pasado sentaron unhas bases claras para un proxecto a medio e longo prazo, obxectivo que “non deu bandazos nos dez meses de competición, o cal é un orgullo para este club”.

Mentres, Manu Castiñeiras, director deportivo da entidade, reiterou que “visto o visto, acertamos claramente na decisión de contratar a Yago para este proxecto de futuro”.

Respecto ao novo ano, os tres apostan por un salto de nivel, o que significa, entrar no playoff. Tras este curso de transición, na que o club quedou sétimo, o seguinte paso é entrar entre os catro primeiros.

Con esta meta, “traballaremos doutra maneira”, sinalou Antonio, xa que “temos case dous meses ata a pretempada, nos que Manu, xunto a Javier Bellido colaborando desde a base, conformarannos un proxecto con moito potencial”.

Neste plan, “manteremos a gran parte do bloque, empezando polo corpo técnico, aos que buscaremos eses complementos que nos dean o salto de calidade necesario”, explicou o director deportivo. Uns movementos que se manterán no sentado o ano pasado: “xogadores novos, con proxección e ganas de crecer no Compostela”, dixo Antonio.

“Con tempo, e cunha base de xogadores que xa teñen un ano de experiencia na categoría e traballando xuntos, esperamos dar ese salto”, recalcou Yago. O corpo técnico busca “manter á afección orgullosa, porque será fundamental para lograr os obxectivos”. Yago e os seus homes están moi agradecidos de que o público entendese o que buscaba o club e queren compensar esa fidelidade, cuns maiores éxitos deportivos.

O que está claro é que co traballo desta tempada, “temos moito andado”, confirmou Yago. Agora queda, como dixeron, acertar coas pezas. Eses cambios chegarán, en primeiro lugar, “nos postos do lateral esquerdo e central, polas baixas coñecidas de Cabrejo e David Rey”. A continuación, Yago pretende atopar “xogadores do último terzo de campo, con talento, e diferentes ao perfil dos que temos”.

Xuntando todo, e aínda que o obxectivo sexa máis ambicioso, directiva e corpo técnico teñen claro que “se se aprenden dos erros cometidos o curso pasado e se se acerta na toma de decisións, a meta do playoff chegará”. O traballo diario de Yago Iglesias e os seus mozos será vital para chegar a estas cotas.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.