Antonio Quinteiro fixo balance e aclarou o futuro

23 de Maio de 2017
Antonio Quinteiro, xunto a Yago Iglesias e Manu Castiñeiras, na rolda de prensa.
Antonio Quinteiro, xunto a Yago Iglesias e Manu Castiñeiras, na rolda de prensa.

Santiago de Compostela, a 24 de Maio de 2017.

Na rolda de prensa na que se presentou a continuidade de Yago Iglesias á fronte do apartado deportivo do club santiagués, o presidente da entidade, Antonio Quinteiro, fixo balance da tempada pasada, á vez que aclarou o futuro do club para este novo ano que empeza.

“O verán pasado, empezamos a tempada pensando en que este sería un ano para o futuro, para saber onde nos podían levar os apoios e recursos da cidade, e adaptarnos a esas posibilidades”, explicou Antonio. Para iso, “buscamos xente nova, con progresión e con ganas de crecer e chegar ao cumio da súa carreira neste club”.

O mandatario santiagués explicou que, “cun proxecto que roldou os 300.000 euros, tivemos un obxectivo claro desde o principio e, aínda que por momentos puidemos pensar en alcanzar cotas maiores, mantivemos a cabeza fría e valoramos como excelente o traballo do corpo técnico”. Desta satisfacción explícase a renovación do técnico e a intención de manter o bloque que o curso pasado levounos á sétima praza.

Ademais, Antonio Quinteiro agradeceu “aos patrocinadores e empresas que apoiaron este proxecto e convidou, a aqueles outros que non o fixeron, a entrar na SD Compostela, xa que as portas do club están abertas a calquera persoa que queira achegar o seu granciño de area”. Do mesmo xeito, destacou o labor de Javier Puñal, porque coa achega das empresas, os abonos e as subvencións, “logrouse cubrir o orzamento”.

De cara ao próximo curso, a directiva, tal e como ratificou o presidente, “traballará para selar un proxecto máis sólido e á vez máis solvente”. En principio, o orzamento será igual ao da tempada pasada, polo que o salto chegará a través de conxuntar as pezas que melloren o que hai. En busca deste obxectivo, o tempo co que contan para conformar o plantel é un punto a favor. Así, Antonio Quinteiro convida á afección a “crer no proxecto”. A pesar de que no fútbol pode pasar calquera cousa, “imos traballar para meternos no playoff, a partir dunhas mellores decisións, un traballo constante e o rendemento do plantel”, aclara o dirixente.

Por último, destacou que para esta tempada, cun corpo técnico xa asentado, “encargarémonos de dar un paso no traballo da base”. Aínda que está encantado co traballo de Javier Bellido, sabe da dificultade de formar bos equipos nas categorías inferiores e, por iso, “estableceremos un proxecto para fortalecela e que sirva de apoio ao primeiro equipo no futuro”, aclarou. Os xogadores do xuvenil non só participarán nos adestramentos do primeiro persoal, senón que estes últimos estarán presentes nas actividades de base, coa meta de fortalecer o traballo de Javier nas categorías inferiores.

Youtube

Instagram Compos

Flickr Amadeo Rey

  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2
  • COMPOSTELA- 3 TARAZONA- 2

Instagram Canteira

Twitter Canteira

Facebook

8 hours ago

SD Compostela
🙌 RECORDA a cita que temos mañá en A Grella con 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚, da Canteira Celeste, e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲, adestrador do Galicia de Mugardos!!!Será a derradeira sesión da #composescola desta tempada!!!Agardámoste 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella📚 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒 𝐄𝐒𝐂𝐎𝐋𝐀 📚🙌 PECHE por todo o alto das Xornadas de Formación da #ComposEscola desta Tempada!!!💙 Será o próximo 𝐦𝐚𝐫𝐭𝐞𝐬 30, nas instalacións de A Grella braseria restaurante do camping As Cancelas de Santiago, e cunha sesión especial, na que teremos con nós a 2 grandes adestradores do Fútbol Galego: 𝐋𝐮𝐢𝐬 𝐁𝐨𝐧𝐢𝐥𝐥𝐚 e 𝐒𝐭𝐢𝐥𝐲!!!✍️ Agardámosvos!!! 👉 bit.ly/ComposEscolaAGrella ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌É𝐃𝐈𝐂𝐎𝐒𝐚𝐦𝐮 sufriu o sábado, no partido en Tarazona, un accidente articular no xeonllo esquerdo. Nunha primeira valoración, os servizos médicos informan que semella ter unha lesión no ligamento cruzado anterior, agardando que as probas o confirmen!💪 Moito ánimo, Samu!!! Volverás máis forte!!! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎥 𝐑𝐎𝐋𝐃𝐀 𝐃𝐄 𝐏𝐑𝐄𝐍𝐒𝐀 🎥🎙️ Rolda de prensa de Juan Carlos Andrés trala derrota e eliminación no playoff!!!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔚 𝐅𝐈𝐍𝐀𝐋S. D. Tarazona 2️⃣-0️⃣ 𝐒𝐃 𝐂𝐎𝐌𝐏𝐎𝐒𝐓𝐄𝐋𝐀 Da forma máis cruel!#TarazonaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.