Lucas Díaz, xogador da tempada para a afección

24 de Maio de 2017

photo5850495745445177669

Santiago de Compostela, a 24 de Maio de 2017.

Lucas Díaz Parcero, alias “o gato”, recibiu esta mañá en Reizentolo o premio ao #Jugador5EstrellasCOMPOS, galardón que outorga Mahou ao xogador da tempada 2016/17. A afección compostelanista decidiu, a través das redes sociais, que o porteiro era merecedor deste premio, debido ao seu gran traballo baixo os paus, neste ano de transición para o club.

O mozo gardameta disputou este curso un total de 31 partidos coma titular na Terceira División, nos que encaixou 38 tantos, con seis encontros nos que non lle meteron ningún gol. Ademais, parou un penalti ante o Cerceda, atallada que permitiu que o conxunto conseguise a vitoria nese encontro.

Na votación para o mellor xogador da tempada, Lucas superou a Mon, Recoba, Diego Rey e Uña, futbolistas tamén nominados e dos que o meta se quixo acordar á hora de recibir o galardón. “Creo que todos os nominados o podíamos levar, polo que estou moi agradecido de que me escollesen a min”, dixo. A maiores, o xogador de Bembibre destacou que está moi contento co premio e que se sente querido polos compostelanistas.

En canto a súa labor baixo os paus, Lucas fixo unha comparativa coa do equipo: “Ao principio tiven que adaptarme á categoría, xa que nunca xogara en ela, pero pouquiño a pouco fun gañando minutos e confianza, e creo que acabei ben a tempada”.

O gardameta sabe que o plantel comezou o ano algo irregular, “sobre todo fora da casa”, pero que foron a máis durante o ano, polo que para a tempada próxima, parécelle fantástico que o obxectivo sexa entrar entre os catros primeiros, porque “este club merece, como mínimo, estar xogando o playoff”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.