Mal resultado na ida para o Infantil e previa da fin de semana

26 de Maio de 2017

Santiago de Compostela, a 26 de Maio de 2017.

Os conxuntos da base da SD Compostela volven ao rodo esta fin de semana de festas da Ascensión, nunha semana na que o Infantil A xogou o seu primeiro partido da fase de ascenso, encontro no que perdeu por 3-0, complicando seriamente o seu pase á seguinte rolda.

Os mozos de Juanvi visitaron a cancha do Valiño Cabo da Cruz, segundo clasificado na súa Liga, e víronse superados polo cadro costeiro. Os locais adiantáronse no minuto 32 co tanto de Martín González, ampliaron a vantaxe no 68 co gol de Marcos Lorenzo e sentenciaron no último minuto coa diana de Alan Davila.

Agora, os branquiazuis terán que saír con todo na volta para poder darlle a volta á eliminatoria. Ese encontro xogarase este sábado, ás 12h, nas Cancelas.

Con todo, non será o seu único encontro da semana, xa que xogarán o luns, ás 19:45, no Municipal de Bertamiráns, o partido de volta dos cuartos de final da Copa do Sar, choque no que tentarán manter a vantaxe cultivada na ida.

No resto de conxuntos destaca, especialmente, o duelo decisivo do xuvenil de Nacional ante o Choco. Con tres puntos de vantaxe sobre o descenso a falta de dúas xornadas, buscarán sumar algún punto nesta dura visita aos redondelanos para facilitar a salvación. O duelo xogarase o domingo ás 12h en Santa Mariña.

O Cadete, á súa vez, xogará o domingo ás 11h nas Cancelas, na ida das semifinais da Copa de Santiago ante o Compañía de María. Tras a súa épica remontada ante o Amio, os branquiazuis chegan cargados de moral para meterse na final.

Nos alevíns, volverán ter fin de semana de torneos. O A viaxará a Rianxo, para xogar o domingo un torneo no concello, mentres que o B disputará o sábado o Torneo de Calo.

Por último, o benxamín visitará ao La Salle, sábado ás 10h en Santa Isabel, coa intención de volver gañar e deixar case certificada a salvación no playoff de descenso.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.