A canteira saca a relucir a súa clase

29 de Maio de 2017
Os alevíns coa copa do Torneo de Calo.
Os alevíns coa copa do Torneo de Calo.

 

  • O Nacional e o Benxamín, salvados; o Alevín, campión en Calo; e o Cadete, con medio pé na final.

Santiago de Compostela, a 29 de Maio de 2017.

Grandísima actuación das categorías inferiores da SD Compostela na fin de semana das festas da Ascensión. Os canteiráns cumpriron obxectivos e selaron unha xornada de nota. O único punto negativo foi a eliminación do Infantil A na fase de ascenso, xa que o Xuvenil de Nacional e o Benxamín selaron a súa salvación, o Cadete sacou un gran resultado na ida das semifinais da Copa de Santiago e o Alevín proclamouse campión do torneo de Calo.

En primeiro lugar, o Xuvenil de Nacional, a falta dunha xornada, está matematicamente salvado. Os branquiazuis necesitaban gañar en Santa Mariña, e fixérono. A pesar de visitar a un duro rival como o CD Choco, demostraron a súa valentía para superar momentos delicados e levaron o partido por un contundente 0-3. Borja Míguez abría o marcador ben pronto, no minuto sete, Iván Regueiro ampliaba a vantaxe á volta dos vestiarios e Jorge Rama poñía o terceiro nos últimos instantes do choque.

Ademais, con este resultado, ascenden á duodécima praza, coa posibilidade de subir algún posto máis, se logran vencer ao CD Calansanz, que loita por salvar a categoría, na última xornada.

O Cadete, despois de superar ao Amio en cuartos, repetiu resultado nas Cancelas e adiantouse nas semifinais da Copa de Santiago ao Compañía de María. Os de Xenxo lograron un sensacional 4-1 que os deixa con medio pé na final, aínda que non se poderán confiar, xa que eles mesmos remontaron en cuartos un resultado igual. Celestino, por dúas veces, na primeira parte, e Marcos Andrade e Alejandro Díaz, na segunda, foron os autores dos tantos locais.

O Infantil A non tivo tanta sorte e non puido remontar o resultado da ida da fase de ascenso. Tras o tres a cero cultivado en Boiro, o Cabo de Cruz volveu ser superior nas Cancelas e levou a volta por un gol a cinco. O tanto da honra anotouno Hugo Martínez.

Con todo, os branquiazuis terán que levantar cabeza rapidamente, xa que esta tarde enfrontaranse ao Bertamiráns, na volta dos cuartos de final da Copa do Sar.

En relación aos alevíns, actuaron mesturados no Torneo de Calo, do que saíron campións, co fito de non encaixar ningún gol en toda a copa. En grupos, venceron por 6-0 ao Milladoiro, 1-0 ao Praiña e 3-0 ao Amio. En semis, pasaron tras gañar por 1-0 ao Fátima e na final, idéntico resultado contra o Milladoiro, e a copa veu para San Lázaro.

Por último, o Benxamín selou a súa salvación no playoff de descenso, cun empate a un tanto ante o La Salle. Breixo Longueira, no 45, foi o artífice da igualada. Os nenos branquiazuis acaban o playoff sextos, con seis puntos por encima da queima, nunha liguiña que gañou o Vitoria.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🫂🩵🤍Todos xuntos! 🤝A por unha nova final este domingo! 💪ℹ️ Recorda que se eres abonado maior de 17 anos podes retirar unha invitación (só online) 🎟️ sdcompostela.compralaentrada.com/eventos/🙌 Co apoio de todos, FORZA COMPOS! 📸 Nacho Castaño #composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 Gimnástica de Torrelavega🏟️ Os nosos adestraron esta mañá no Vero Boquete para preparar o partido vital deste domingo ás 17.00 horasImos a por todas, todos xuntos! 🩵🤍#composgimnástica ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
Hoxe temos de aniversario ao noso adestrador de porteiros, 𝐈𝐚𝐠𝐨 𝐓𝐚𝐛𝐨𝐚𝐝𝐚 🩵🤍🎂 Moitos parabéns, Iago!A celebralo este domingo cun triunfo 💪⚽️📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⌚️ Horario confirmado para as dúas últimas xornadas, que serán unificadas 🩵🤍x33 🆚Real Ávila CF 🏟️ Adolfo Suárez🗓️ Domingo, 27 de abril🕛 12.00 horasx34 🆚 Real Valladolid C.F. S.A.D Promesas 🏟️ Vero Boquete🗓️ Domingo, 4 de maio🕛 12.00 horas🧴 Laboratorios Ozoaqua - Expertos en Dermocosmética con Aceites ozonizados #ávilacompos #composrvcantera ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
E repetiuse éxito nesta pasada xornada 🩵🤍✅ Compos✅ Filial (Sigüeiro FC - ED Xuventude Oroso)✅ Xuvenil A (Canteira Picheleira) A por outra máis 💪 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.