Un puntal na defensa e un mediocentro de futuro

31 de Maio de 2017
Alberto Freire, no encontro contra o Deportivo B. Foto: Amadeo Rey.
Alberto Freire, no encontro contra o Deportivo B. Foto: Amadeo Rey.

 

  • Cardeñosa e Alberto Freire, terceiro e cuarto xogador confirmados.

Santiago de Compostela, a 31 de Maio de 2017.

Un defensa central e outro mediocentro e xa son catro os xogadores confirmados para a nova campaña. José Manuel Rodríguez Casais “Cardeñosa” e Alberto Freire Riveiro serán da partida na nova tempada da SD Compostela, na que o obxectivo será clasificarse entre os catro primeiros. Cardeñosa renova por unha tempada máis, mentres que Alberto ten contrato ata 2019.

O central de 30 anos, quen fichou o curso pasado polo Compos procedente do Arousa, renova por un ano o seu vínculo co cadro santiagués. A pesar de que as lesións lle lastraron na primeira parte do campionato, Cardeñosa acabou sendo un fixo no once formado por Yago Igrexas, constituíndo tándem con Taboada ou Uña no centro da zaga.

En total, Carde participou en vinte e cinco partidos, nos que en tan só en dous saíu desde o banco de suplentes. Disputou un total de 1878 minutos, nos que anotou tres goles (Negreira, Castro e Barbadás) e recibiu seis cartóns marelos e unha vermella.

No que respecta a Alberto, a pesar de que xogou o primeiro partido contra o Deportivo B como titular, non volveu ao once ata o choque contra o Ordes. Ante esta falta de minutos, buscóuselle unha saída, recalando no Bertamiráns da Preferente Norte. Alí, Alberto xogou un total de trece encontros nos que anotou dous goles.

Agora, despois de que renovara o seu contrato ata o 2019 antes de marcharse, regresará para tentar atopar ese oco que non tivo o ano pasado ás ordes de Yago Iglesias.

Desta forma, o técnico xa conta cun porteiro, un defensa central e dous mediocentros para o proxecto continuísta da tempada 2017/18.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.