David Uña continuará unha tempada máis

2 de Xuño de 2017
David Uña no encontro contra o Alondras. Foto: Amadeo Rey.
David Uña no encontro contra o Alondras. Foto: Amadeo Rey.

 

  • O central, que chegou en invierno, convértese na sétima renovación.

Santiago de Compostela, a 2 de Xuño de 2017.

A sorpresa da segunda volta continuará a próxima campaña. O central madrileño, David Uña Pablo, fichado no mercado invernal para reforzar o centro da zaga compostelá, renovou o seu contrato coa entidade santiaguesa por unha tempada máis.

O futbolista de 25 anos chegou para cubrir unha posición que se resentiu na primeira volta e, desde que fichou, foi un fixo nas aliñacións de Yago Iglesias. Destacou pola súa contundencia e polo seu poderío aéreo, axudando en gran medida ao labor defensivo do conxunto na segunda volta.

Uña debutou no partido contra o Céltiga, entrando no descanso, e xa non perdería o posto ata a xornada 30, na que non puido xogar por acumulación de cartóns. Volvería ao once inicial á xornada seguinte, ante o Silva, e xa non deixaría o seu posto ata as dúas últimas citas do campionato, na que unhas molestias musculares impedíronlle adestrar correctamente e ir convocado. No cómputo global, foron quince partidos disputados, catorce deles titular.

Coa súa renovación, o Compos conta xa con dous centrais para o novo curso. Para conseguir o obxectivo do playoff é necesario pechar ben a propia meta, polo que este ano, Yago quere ter ben gornecida esta zona defensiva.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

57 minutes ago

SD Compostela
👉 Queremos enviar toda a nosa forza e apoio ao noso exacanteirán, e actual xogador do Club Deportivo Estradense, Landeira trala grave lesión, con rotura de tibia e peroné, que sofreu no partido de onteMoito ánimo, Ángel! Volverás máis forte!! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ Un triunfo na casa permítelle ao Compos chegar con opcións a última xornada de Liga💪 Os nosos gañaron 2⃣-1⃣ con goles de Charly e Parapar👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/01/compos-vitoria-casa-estradense/📸 Nacho Castaño#composestradense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso técnico trala necesaria vitoria na casa, 2⃣-1⃣, contra o Club Deportivo Estradense#composestradense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Club Deportivo Estradense ⚽️ Charly | ⚽️ ParaparERA NECESARIA E CHEGOU 🩵🤍ATA O FINAL!!! 💪💪📸 Nacho Castaño #composestradense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS CON TODO!! SEGUIMOS ATA O FINAL! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #composestradense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.