Cadete e infantil loitan pola final de Copa

2 de Xuño de 2017

Santiago de Compostela, a 2 de Xuño de 2017.

Chegado o mes de xuño, as diferentes categorías da base do Compos van rematando as súas competicións. Así, esta fin de semana, o Nacional xogará o seu último partido de Liga, mentres que o Cadete e o Infantil A xóganse a final da Copa.

Tras a súa salvación, coa vitoria en Redondela ante o Choco, o Xuvenil de Nacional pretende acabar a liga con outra vitoria, esta vez ante un CD Calasanz ao que só lle vale o triunfo se desexa ter algunha oportunidade de poder salvarse. O encontro disputarase o domingo ás 12h nas Cancelas.

O Cadete, tras o seu 4-1 na ida das semifinais da Copa de Santiago, busca defender a súa renda e, por tanto, clasificarse para a final, ante un Compañía de María que tentará a heroica. O partido xogarase o sábado ás 18h na Barrosa.

Pola súa banda, o Infantil A xoga as semifinais de Copa do Sar, pero aínda o encontro de ida, o cal terá lugar o domingo ás 10h nas Cancelas. O seu rival será un Milladoiro SD que chegou a esta rolda tras eliminar con contundencia ao seu anterior adversario.

No que respecta aos máis pequenos da casa, os alevíns, A e B xuntos, buscarán repetir o éxito acadado en Calo, onde foron campións, no Torneo Copa Sálvora, que se celebrará o sábado.

No mesmo campionato, Torneo Copa Sálvora, participará tamén o Benxamín, que chega despois de salvarse no playoff de descenso. No seu caso será o domingo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

9 hours ago

SD Compostela
⚽️📋 CONVOCATORIA🆚 Céltiga F.C 🩵🤍 Os nosos para o encontro de mañá ás 18:00 horas na nosa casa👉 Están citados todos os xogadores #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Céltiga F.C ⚽️ Previa do noso adestrador antes do encontro de mañá ás 18:00 horas no Vero Boquete#composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Confirmada a nova data para o encontro aprazado! ⚽️ 𝐗𝟐𝟎🆚 Club Juventud Cambados🗓️ Sábado, 28 de febreiro🕔 17:00 horas🏟️ Burgáns#cambadoscompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe completamos a semana de aniversarios co do noso picheleiro, Damián Noya 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐃𝐚𝐦𝐢𝐚𝐧!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.