O Cadete clasifícase para a final de Copa

4 de Xuño de 2017
Abril Pazos co seu trofeo.
Abril Pazos co seu trofeo.
  • O Infantil A perdeu na ida das semifinais e o Nacional acabou a Liga

Santiago de Compostela, a 4 de Xuño de 2017.

A fin de semana para as categorías inferiores da SD Compostela trouxo consigo a clasificación para a final da Copa de Santiago do Cadete. Ademais, este domingo, o xuvenil de Liga Nacional rematou o campionato cun empate, que lle permite manter a duodécima praza, mentres que o Infantil A complicouse o pase á final, despois de perder por 1-3 ante o Milladoiro, na ida das semifinais.

Respecto da noticia da xornada, o Cadete, despois de gañar na ida por 4-1, volveu golear ao Compañía de María, esta vez de visitante. O cadro de Xenxo gañou por 1-5 na Barrosa, nun encontro en que os branquiazuis se adiantaron rapidamente, evitando deste xeito os nervios ante unha posible remontada.

Grigore Barbascumpa, no 1; Marcos Andrade, no 15; Cristian Cerban, no 22; e Pablo Barreiro, no 30; deixaron máis que sentenciada a eliminatoria. Xa na segunda parte, Fernando Concheiro anotaba o gol da honra para os locais, pero Marcos, de novo, ampliaba a vantaxe, deixando o resultado final dun gol a cinco.

Para esta última rolda espera a SD Villestro, quen eliminou ao CD Conxo, tras igualar a tres goles na ida e gañar por 1-0 no seu campo.

En canto aos xuvenís, tras asegurar a permanencia en Redondela, volveron sumar nas Cancelas, aínda que un só punto. Os santiagueses empataron a dous goles ante un CD Calasanz que se despediu da categoría con esta igualada.

Os visitantes, a pesar de xogarse todo, viron como lles empataban o marcador en dúas ocasións. A primeira, no 46, cun gol de Borja Márquez, e a segunda, no desconto, co tanto de Alejandro Estévez.

Con este resultado acaba o Compos de Nacional un ano complicado que pecharon na duodécima praza con 39 puntos.

Pola súa banda, o Infantil A propiciou a nota negativa da finde, logo de perder 1-3 ante o Milladoiro, na ida das semifinais da Copa do Sar. Os de Juanvi, a pesar de que empataron o partido, levan para a volta un resultado moi complicado, que lles obrigará saír a golear.

No partido deste domingo, os visitantes, marcaron o primeiro no 23, tanto que neutralizarían os santiagueses con rapidez, grazas ao gol de Martín Díaz. Con todo, Joan Leao e Noel Míguez aumentarían a vantaxe dos seus, no 39 e 79, respectivamente.

Pola súa banda, na Copa Sálvora Benxamín, a nosa xogadora Abril Pazos, recibiu o trofeo Vero Boquete, recoñecemento á mellor xogadora do campionato. O equipo, tras pasar de primeiro de grupo, perdeu nos cuartos de final ante o Santiago, por un tanto a cero.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos gañou en Viveiro, pero xogará o playoffToca levantar o ánimo, loitar ata o final e pelexar polo ascenso na faseTodos xuntos 🫂👉 sdcompostela.com/gl/2026/05/10/compos-viveiro-playoff-vitoria/📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🔚 FINALVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián NoyaTocará loitar no playoff para acadar o ascenso!! Todos xuntos, ata o final!!Grazas a todos por acompañarnos en Viveiro! Seguiremos loitando!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeSEGUIMOS, COMPOS!!IMOS LOITAR ATA O FINAL!! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOVIVEIRO C.F. 0️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ Damián Noya📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 ATA O FINAL!! 💪 CON TODO E A LOITALO ATA O ÚLTIMO SEGUNDO!!📸 Nacho Castaño #viveirocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.