Álvaro Casas: “Teño moita ilusión por xogar no Compos”

7 de Xuño de 2017
Álvaro Casas posa xunto a Manu Castiñeiras, director deportivo, e Ramón Castro, directivo do club.
Álvaro Casas posa xunto a Manu Castiñeiras, director deportivo, e Ramón Castro, directivo do club.

 

  • O mediocentro santiagués foi presentado esta mañá na tenda oficial do club, en Reizentolo.

  • Manu Castiñeiras, director deportivo, destacou que é un futbolista que se adapta ao perfil que se busca.

 

Santiago de Compostela, a 7 de Xuño de 2017.

A primeira fichaxe da SD Compostela 2017/18 xa viste coas cores branquiazuis. Álvaro Casas foi presentado esta mañá na tenda oficial do club, en Reizentolo, como novo xogador do Compos, equipo co que asinou para as próximas dúas tempadas. O mediocentro está feliz de volver a casa e non lle chega a hora de comezar a adestrar cos seus novos compañeiros.

“Teño moitas esperanzas depositadas neste equipo. Asinei dous anos, é un proxecto a longo prazo, e o obxectivo é facer unha boa tempada este ano e se non logramos ascender, pelexar para facelo a tempada que vén”, explicou Álvaro.

O xogador santiagués encaixa, segundo o director deportivo Manu Castiñeiras, no perfil de futbolista que se busca: “é novo, con futuro, pero tamén con experiencia en Segunda B”, afirmou. Ademais, Manu detallou que “achegará moitas cousas e daranos un salto de calidade” e tamén destacou que teñen moitas esperanzas depositadas nel e quixo desexarlle moita sorte para a súa estancia no Compos, xa que “o mellor para el no persoal, repercutirá no mellor para o equipo”.

Con está firma, o centrocampista regresa á súa cidade natal, da que se marchou de rapaz para triunfar neste deporte. “Con 14 anos marchei a Vigo, desde aquela cambiei moitísimo, tanto no persoal como no futbolístico. Madurei máis rápido e tiven a sorte de vivir experiencias tanto dentro como fóra de Galicia”, relatou.

En canto ao seu novo equipo, Álvaro conta con varios amigos e tamén algún coñecido de enfrontarse contra el. Do mesmo xeito, xa contactou co adestrador Yago Iglesias, quen lle deu a benvida e co que espera poñerse a traballar pronto.

Por último, quixo deixar patente que traballará duro, xuntos aos seus compañeiros, para devolver ao Compos a unha categoría superior.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

33 minutes ago

SD Compostela
📸 Presentación de 𝐌𝐚𝐫𝐤𝐢𝐭𝐨𝐬 como novo xogador da SD Compostela🗣️ Escoita as súas primeiras verbas tras firmar co Compos🤝 O atacante estivo acompañado por Juan Rodríguez Castro, director de Alcampo Santiago, patrocinador do derbi deste domingo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 hours ago

SD Compostela
𝐏𝐀𝐑𝐓𝐄 𝐌𝐄́𝐃𝐈𝐂𝐎👨‍⚕️ Tras exploración clínica e estudos complementarios de Resonancia Magnética, os servizos médicos do club informan que 𝐂𝐚𝐫𝐥𝐨𝐬 𝐂𝐢𝐧𝐭𝐚 ten unha lesión do ligamento cruzado posterior👉 Baixa estimada, segundo evolución, de 3/4 mesesDescártase intervención cirúrxica💪 Moito ánimo, Carlos! Volverás máis forte!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 hours ago

SD Compostela
𝐑𝐝𝐏 Previa 🆚 Real Club Deportivo de La Coruña Fabril🎥 Antón Permuy🗣️ O adestrador compostelanista analizou a previa do derbi deste domingo no Vero Boquete⚽️ Falou do partido no Vero Boquete, da fichaxe de Markitos e das claves para conseguir a vitoria #composfabril ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⏰ HORARIO confirmado para a próxima saída na Liga 🩵🤍x21 🆚 Unión Popular de Langreo 🏟️ Estadio Novo Ganzábal🗓️ Domingo, 2 de febreiro🕔 17.00 horas📺 Football Club#LangreoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.