Álvaro Casas: “Teño moita ilusión por xogar no Compos”

7 de Xuño de 2017
Álvaro Casas posa xunto a Manu Castiñeiras, director deportivo, e Ramón Castro, directivo do club.
Álvaro Casas posa xunto a Manu Castiñeiras, director deportivo, e Ramón Castro, directivo do club.

 

  • O mediocentro santiagués foi presentado esta mañá na tenda oficial do club, en Reizentolo.

  • Manu Castiñeiras, director deportivo, destacou que é un futbolista que se adapta ao perfil que se busca.

 

Santiago de Compostela, a 7 de Xuño de 2017.

A primeira fichaxe da SD Compostela 2017/18 xa viste coas cores branquiazuis. Álvaro Casas foi presentado esta mañá na tenda oficial do club, en Reizentolo, como novo xogador do Compos, equipo co que asinou para as próximas dúas tempadas. O mediocentro está feliz de volver a casa e non lle chega a hora de comezar a adestrar cos seus novos compañeiros.

“Teño moitas esperanzas depositadas neste equipo. Asinei dous anos, é un proxecto a longo prazo, e o obxectivo é facer unha boa tempada este ano e se non logramos ascender, pelexar para facelo a tempada que vén”, explicou Álvaro.

O xogador santiagués encaixa, segundo o director deportivo Manu Castiñeiras, no perfil de futbolista que se busca: “é novo, con futuro, pero tamén con experiencia en Segunda B”, afirmou. Ademais, Manu detallou que “achegará moitas cousas e daranos un salto de calidade” e tamén destacou que teñen moitas esperanzas depositadas nel e quixo desexarlle moita sorte para a súa estancia no Compos, xa que “o mellor para el no persoal, repercutirá no mellor para o equipo”.

Con está firma, o centrocampista regresa á súa cidade natal, da que se marchou de rapaz para triunfar neste deporte. “Con 14 anos marchei a Vigo, desde aquela cambiei moitísimo, tanto no persoal como no futbolístico. Madurei máis rápido e tiven a sorte de vivir experiencias tanto dentro como fóra de Galicia”, relatou.

En canto ao seu novo equipo, Álvaro conta con varios amigos e tamén algún coñecido de enfrontarse contra el. Do mesmo xeito, xa contactou co adestrador Yago Iglesias, quen lle deu a benvida e co que espera poñerse a traballar pronto.

Por último, quixo deixar patente que traballará duro, xuntos aos seus compañeiros, para devolver ao Compos a unha categoría superior.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

12 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos darlle continuidade ao noso gran inicio de mes!⚽️ 𝐗𝟏𝟒🆚 Atlético Coruña Montañeros 🗓️ Sábado, 13 de decembro🕓 16:00 horas🏟️ Elviña GrandeEste sábado, apoia aos nosos na Coruña para conseguir unha importante vitoria! 🙌🫂#atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

15 hours ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan mañá ao traballo para preparar unha nova saída na Liga🏟️ As sesión serán en artificial, dúas na Escrivitude e a última nas Cancelas#atléticocoruñacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso segundo adestrador, Fiz Rodríguez 🩵🤍Moitos parabéns, 𝐅𝐢𝐳!!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍👉 O Compos é máis líder tras gañar 1⃣-0⃣ ao Arosa SC na casa👉 sdcompostela.com/gl/2025/12/07/compos-lider-1-0-maceira-casa/📸 Nacho Castaño#ComposArosa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ O técnico do Compos valorou a vitoria dos nosos na casa, 1⃣-0⃣, contra o Arosa SC #ComposArosa ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.