Comunicado de Antonio Quinteiro para os pais dos xogadores da base

16 de Xuño de 2017

 

  • “Traballaremos polo mellor futuro para os vosos fillos”.

Santiago de Compostela, a 16 de Xuño de 2017.

Ante o aluvión de preguntas por parte dos pais dos xogadores da base, Antonio Quinteiro, presidente da SD Compostela, quere achegar tranquilidade e confianza a todos os familiares dos xogadores, xa que se está traballando para sacar o mellor proxecto posible nas categorías inferiores.

A pesar da decisión da directiva de que non continúe Juanvi e a posterior renuncia de Javier Bellido, ao considerar que Juan Vicente era unha persoa da súa total confianza, o club seguirá adiante coa súa idea para levar a canteira.

“O club ofrecerá o mellor proxecto posible para os vosos fillos, como demostramos co nomeamento de Manuel Castiñeiras, como director deportivo xeneral, e de David Rey, como coordinador das categorías inferiores de fútbol 11”, aclara Antonio.

Ademais, “falaremos con todos os adestradores da base para que continúen, xa que coñecemos a súa capacidade de traballo e estamos contentos con iso”, engade.

Por todo iso, “quero transmitirvos tranquilidade e confianza no proxecto da nosa canteira, convidándovos a que sigades apostando por el, porque traballaremos polos vosos nenos e nenas para o seu mellor futuro”.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤸‍♂️⚽️ Unha de malabares para arrincar esta nova semana de pretempadaA sesión de onte deixounos esta dobre acrobacia de TurbiDous golazos que nos deixaron coa boca aberta! 🤯🤯🤯🎥 Veo #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
🤝🩵🤍 A familia do Compos é solidaria!Fixemos entrega á Fundación Stop Leucemia dunha donación de 665€ pola venta de 133 camisetas benéficas para a súa campaña "Regala Ciencia"🙌 Agradecemos a Fútbol Emotion, Casal Cotòn e á Fundación a súa colaboración nesta gran iniciativa📸 No acto de entrega, estiveron presentes Carlos Pérez, investigador da Fundación Stop Leucemia; e María del Carmen Casal, de Casal e CotónXuntos, impulsamos a investigación sobre enfermidades como a leucemia! Grazas a todos por facelo posible! ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
📹⚽️ O primeiro gol da pretempada 26/27🅰️ Unai Peón🎯 Dani González#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
🏆🩵🤍 O COMPOS CONQUISTA DE NOVO O TROFEO VILA DE PADRÓNCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👏 Primeiro triunfo do verán, co primeiro gol e portería a cero🆕️ Estreáronse algunhas das fichaxes e houbo minutos para a Canteira Picheleira 📸 Nacho Castaño #PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOCOMPOS 1️⃣-0️⃣ CD Lalín ⚽️ Dani González👉 Chegamos ao tempo de lecer coa vantaxe para os nosos, logo do primeiro gol da pretempada!#PretempadaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.