Tomás seguirá vestindo a casaca branquiazul

27 de Xuño de 2017
Tomás no encontro contra o Negreira. Foto: Amadeo Rey.
Tomás no encontro contra o Negreira. Foto: Amadeo Rey.

 

  • O mediapunta, mellor xogador da primeira volta do Compos, renova por unha tempada.

Santiago de Compostela, a 27 de junio.

O Compos pecha a última renovación posible. Tomás Abelleira Dueñas, o único xogador que faltaba por tomar a decisión, renovou co club por unha tempada, sumando o seu segundo ano ás ordes de Yago Iglesias.

Tomás chegou o curso pasado procedente do Pontevedra, deixando, desde o principio, unha gran imaxe na bancada de San Lázaro, á que impresionou coa súa calidade e os seus goles. De feito, foi nomeado polos compostelanistas como o #Jugador5EstrellasCOMPOS da primeira volta do campionato. Con todo, na segunda, unha grave escordadura de nocello, o cal se lesionou no encontro contra o Bergantiños (xornada 28), impediulle seguir demostrando a súa valía.

A importancia de Tomás no once de Yago foi transcendental e así o corroboran os seus números. Dos vinte e oito choques que puido disputar, xogou vinte e seis, perdéndose dous por acumulación de cartóns. En total foron 2028 minutos, nos que anotou sete tantos, ademais de participar en numerosas xogadas de gol

Na aliñación branquiazul, o pontevedrés puido demostrar a súa polivalencia, xa que tanto actuou de mediapunta, a súa posición natural, como en banda, ou mesmo, nalgún encontro, de falso 9.

Coa súa renovación, Manu Castiñeiras concretou a continuidade de trece xogadores para o próximo curso, demostrando a promesa de manter á maior parte do bloque da tempada pasada. A eles sumáronselle, de momento, outros catro futbolistas, para un total de dezasete.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 6🩵🤍 O técnico avaliou o momento do equipo, detallou como é o traballo semanal e apuntou as claves para que o encontro no Vao sexa un punto de inflexión positivo na tempada do Compos#CoruxoCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎯 #CoruxoCompos🗓️ 3 días⚒️ Queremos levarnos o primeiro derbi da tempada🏟️ Iremos con todo no Vao!📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚽️ O primeiro na Liga𝐁𝐮𝐛𝐚 🩵🤍Por moitos máis! 🤞📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso guía, Carlos de LermaMoitos parabéns, míster!!Que veña acompañado dunha gran vitoria este domingo e de moitos éxitos esta tempada 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✅🕖 PRÓXIMA CITA NA NOSA CASA CONFIRMADA🤝 Un encontro no que contaremos co apoio dun elemento identitario de Compostela, o Mercado de Abastos de Santiago ⚽️ Xornada 7🆚 Atletico Astorga 🗓️ Sábado, 17/10🕔 17:00 horas🏟️ Vero Boquete#composastorga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.