Álex Ares, unha opción para toda a mediapunta

28 de Xuño de 2017
Álex Ares nunha acción contra o Compos. Foto: Amadeo Rey.
Álex Ares nunha acción contra o Compos. Foto: Amadeo Rey.

 

  • O xogador de Pontedeume procede do CCD Cerceda e firma por un ano.

Santiago de Compostela, a 28 de Xuño de 2017.

Un xogador para toda a fronte de ataque. Alejandro Ares Piñeiro, ‘Álex Ares’ (Pontedeume, 27/06/1992), é a quinta incorporación da SD Compostela 2017/18. O futbolista, procedente do CCD Cerceda, firma co Compos ata xuño de 2018, conxunto co que espera pelexar polo playoff de ascenso, do mesmo xeito que nas súas anteriores campañas, tanto en Cerceda como en Somozas.

Álex é un mediocentro ofensivo moi habilidoso e con olfacto goleador, que se adapta a calquera dos tres postos da mediapunta, pode xogar polo centro ou por calquera das dúas bandas. Aos seus 25 anos, estivo unha tempada en Segunda División B e tres en Terceira División, todas elas con fases de ascenso incluídas, logrando o éxito nunha delas.

Na súa carreira deportiva, deu o salto a Terceira División no 2013 da man do Somozas, ao cal chegou tras varios cursos no SD O Val. Foi chegar e bicar o santo, xa que co equipo de Ferrolterra foi campión do grupo galego e logrou o ascenso. En Segunda B, nun Somozas que acabou en décimo lugar, Álex perdeu protagonismo, disputando quince partidos, pero tan só tres de titular, nos que anotou un tanto.

Tras este breve periplo pola categoría de bronce, baixou de categoría para enrolarse nas filas do CCD Cerceda, co que xogaría as dúas últimas campañas. No Roxo foi un dos alicerces esenciais dun club que loitou polo ascenso, pero que quedou ás portas de conseguilo.

No seu primeiro ano en Cerceda participou nun total de 46 partidos, todos menos catro de titular, anotando doce goles, dous deles nunha fase de ascenso na que quedaron eliminados na última eliminatoria contra o Atlético Sanluqueño. Mentres que o ano pasado xogou 37 encontros de Liga, tan só un de suplente, e os dous do playoff, no que foron derrotados polo Xerez CF, en primeira rolda. Neles, Álex marcou oito goles (un de penalti) e repartiu múltiples asistencias.

Agora, o mediapunta de Pontedeume chega ao Compos co obxectivo de repetir a pelexa polo ascenso. A quinta fichaxe branquiazul achegará experiencia na categoría e será un recurso máis, a ter en conta por Yago, para un posto na mediapunta, posición que queda pechada, salvo sorpresa de última hora.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

18 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏🗣️ Secho🆚 Centro de Deportes Barco ⚽️ Previa do noso técnico antes do encontro deste domingo, ás 17:00 horas en Calabagueiros, primeiro da segunda volta#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Goris amplía o seu contrato ata 2027!🤝 O mediocentro terá ficha de primeiro equipo e portará o dorsal '1⃣6⃣'𝐆𝐨𝐫𝐢𝐬 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2026/01/22/goris-amplia-contrato-compos-2027/#goris2027 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
2️⃣5️⃣0️⃣ partidos e sumandoO noso capitán, Samu Rodríguez, xa superou os 250 partidos disputados coa camiseta branquiazul, repartidos nas últimas 10 tempadasEste pasado domingo quixemos homenaxealo cunha camiseta conmemorativa, entregada polo seu paiParabéns, Samu! Por moitos máis! 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Queremos seguir coa boa dinámica!⚽️ 𝐗𝟏𝟖🆚 Centro de Deportes Barco 🗓️ Domingo, 25 de xaneiro🕔 17:00 horas🏟️ Calabagueiros🎫 12€Este domingo, iniciamos a 2ª volta, no Barco de Valdeorras! 🙌#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

5 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Comezo da semana con dúas xornadas de descanso🏟️ Os nosos volverán ao traballo o mércores para preparar o inicio da 2ª volta coa visita ao Barco#barcocompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.