Un ex compostelanista como Jimmy visitou aos nenos do Campus

28 de Xuño de 2017

Jimmy Campus D3

WhatsApp Image 2017-06-28 at 20.27.20

 

 

 

 

 

 

 

 

  • O lateral santiagués compartiu a súa enorme experiencia futbolística cos pequenos.

Santiago de Compostela, a 28 de Xuño de 2017.

Sete anos en Segunda B e dous en Terceira. Un futbolista con esta dilatada experiencia no fútbol, foi o protagonista do Campus na súa terceira xornada. Óscar Seoane Mella, ‘Jimmy’, actual xogador do CD Boiro, pero con pasado branquiazul, visitou aos máis pequenos, para compartir con eles as súas aventuras neste deporte, ensinándolles os valores que ten a práctica desta actividade e os sacrificios que pode supoñer ao chegar a certo nivel.

Xogadores da casa, como o caso de Jimmy, conseguen transmitir aos nenos o sentimento compostelanista, tan arraigado nas persoas que viron ao Compos en Primeira. Xa non só compartiu o seu camiño no mundo futbolístico, senón que este estivo ligado a unha camiseta e a unha entidade, a SD Compostela.

Con el, os nenos pasaron un momento moi ameno, co que conseguiron levar dun mellor modo, este segundo día de choiva. Tal foi o grao de complicidade logrado que saíron algunhas preguntas máis que curiosas, froito da conexión entre xogador e canteiráns.

A charla foi pola mañá, mentres que pola tarde, para evitar moitas máis horas á choiva, os mozos visitaron o Estadio Municipal de San Lázaro. Acompañados polos monitores e guiados por Ramón Castro, relacións institucionais do club, percorreron o multiusos, coñecendo a historia que teñen esas instalacións.

Ademais, o premio do día foron dous vales de agasallo para comprar en Reizentolo, tenda oficial da SD Compostela.

Nos dous días que quedan, os nenos contarán o xoves coa visita de Álvaro Casas, recente fichaxe do Compos, mentres que pechará o II Campus da SD Compostela o santiagués Borja Iglesias, quen comezará en breve a pretempada co Celta de Vigo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

10 hours ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos recupera o liderado tras un gran triunfo na Lomba, 0⃣-2⃣, cun Antón Guisande, que firmou un dobrete, estelar🫂 Desprazamento masivo de afeccionados do Compos que non pararon de animar👉 sdcompostela.com/gl/2026/04/12/compos-recupera-liderado-guisande/📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

11 hours ago

SD Compostela
📹 𝐑𝐝𝐏 🗣️ Secho⚽️ Valoración do noso adestrador trala gran vitoria na Lomba#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón GuisandeSIIIIII!!!! OS TRES PUNTOS SON NOSOS!!! 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍REGRESAMOS AO LIDERADO!!! GRAZAS AFECCIÓN!!! UNHA VITORIA DE TODOS 🙌🙌🙌📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

13 hours ago

SD Compostela
⏱️ COMEZOU a 2ª metadeTodos xuntos, co voso apoio, seguimos a pola vitoria ata o final! 💪⚽️📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

14 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 0️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️⚽️ Antón Guisande📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.