Álvaro Casas foi o invitado do cuarto día do Campus

29 de Xuño de 2017

Santiago de Compostela, a 29 de Xuño de 2017.

O santiagués Álvaro Casas, recente fichaxe do Compos, compartiu as súas experiencias cos nenos do Campus no cuarto día do mesmo. Os mozos recibiron os consellos dun xogador que creceu en equipos santiagueses como eles, dando o salto ao Celta en xuvenís.

Noutro día en que a choiva fixo acto de presenza, os canteiráns, xa afeitos ás inclemencias do tempo, gozaron do penúltimo día de actividades. A semana vai chegando ao seu fin e o cansazo vai facendo efecto nos pequenos, pero seguen coa mesma ilusión que o primeiro día.

Coa visita de Álvaro, sorteáronse entre os corenta participantes, un paraugas e dúas bufandas do Compos, unha camiseta do Oviedo e outra do Celta, estas últimas, entregadas polo novo xogador branquiazul.

Para o último día, no que se entregarán, ademais dos habituais premios, os diplomas que certifican a asistencia ao Campus, estarán cos nenos, Emilio Mato, administrador de EMAC, patrocinador principal do Campus, e Borja Iglesias, xogador do Celta de Vigo.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

17 hours ago

SD Compostela
🩵🤍 A pola segunda vitoria consecutiva!⚽️ 𝐗𝟐𝟐🆚 Club Silva SD 🗓️ Domingo, 22 de febreiro🕧 12:30 horas🏟️ Grela 1🎟️ Entrada libreEste domingo, anima aos nosos na Coruña! 🙌#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
⚒️⚽️ Os nosos regresan esta tarde ao traballo🏟️ Comeza a semana para preparar a visita a Coruña#silvacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍 ⚽️ O Compos estreou a marcadora de vitoria na segunda volta, consolidando o seu liderado, tras superar por 2⃣-1⃣ ao Céltiga F.C no Vero Boquete 👉 sdcompostela.com/gl/2026/02/15/compos-vitoria-segunda-volta/ 📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALCOMPOS 2️⃣-1️⃣ Céltiga F.C ⚽️ Armental | ⚽️ ParaparE CHEGOU O AGARDADO TRIUNFO NA CASA, PRIMEIRO DA 2ª VOLTA 🩵🤍🩵🤍🩵🤍🩵🤍TRES PUNTOS MOI IMPORTANTES PARA CONSOLIDAR O LIDERADO 💪💪💪💪💪💪💪📸 Nacho Castaño #composcéltiga ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.