Os xogadores branquiazuis xa preparan a pretempada

10 de Xullo de 2017
Álex Otero xunto os xogadores, nunha imaxe do curso pasado. Foto: Amadeo Rey.
Álex Otero xunto os xogadores, nunha imaxe do curso pasado. Foto: Amadeo Rey.

 

  • Álex Otero preparou unha táboa de exercicios para cada xogador.

Santiago de Compostela, a 10 de Xullo de 2017.

O plantel da SD Compostela, a pesar de que non arrinca os adestramentos ata o vindeiro martes, xa comezou a súa preparación para a nova tempada, na que esperan lograr o obxectivo de meterse no playoff de ascenso.

Para alcanzar esta meta, o conxunto branquiazul sabe que ten que entoarse desde o primeiro minuto, chegar ao primeiro partido ben de forma, e non desaproveitar ningunha das 38 xornadas para sumar puntos que o acheguen a eses catros primeiros postos.

Así, para conseguir que os xogadores cheguen con algo de rodaxe ao comezo da pretempada, o noso preparador físico, Álex Otero, encargouse de deseñar unha táboa de exercicios para cada futbolista, tentando poñer a punto o corpo ante a dura carga de traballo que lle espera o próximo mes. Con estas actividades búscase, por unha banda, que o corpo vaia collendo ritmo e, por outro, evitar sobrecargas musculares ante a acumulación de partidos e adestramentos nesta tempada estival.

A táboa realizada polo noso preparador conta con cinco días de traballo e dous de descanso, o mércores e o domingo. Entre os exercicios requiridos están carreira continua, realización de series ou traballo de CORE.

Con tempo suficiente para preparar a tempada, o corpo técnico do Compos quere ter todo baixo control para que os obxectivos ao final da mesma se cumpran. Esta só é unha proba máis de que todo o plantel está cos cinco sentidos postos no que agardan que sexa un ano de moitas alegrías.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 day ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.