Catro canteiráns realizarán a pretemporada co primeiro equipo

15 de Xullo de 2017

 

  • Samuel Marque, Víctor Vilariño, Jorge Queiruga e Borja Márquez adestrarán ás ordes de Yago Iglesias.

Santiago de Compostela, a 15 de Xullo de 2017.

O adestrador da SD Compostela contará nesta pretempada, ademais dos dezanove xogadores que teñen ficha do primeiro equipo, con outros catro, dous xuvenís, Vilariño e Queiruga, e outros dous que acabaron o curso pasado a idade xuvenil, Marque e Borja Márquez.

No que respecta aos dous futbolistas do Nacional, seguirán adestrando co primeiro equipo ao longo da tempada, a pesar de que habitualmente xoguen na categoría inferior, mentres que os outros dous pelexarán por gañarse o seu primeiro contrato sénior co cadro branquiazul.

Samuel Marque xoga de lateral dereito ou central e é o único dos catro que leva dous anos nas nosas categorías inferiores. No equipo de Nacional, o curso pasado, disputou un total de 30 partidos, nos que chegou a anotar un tanto.

Borja Márquez é un xogador polivalente que pode actuar tanto de lateral como de interior. Xogou en Nacional 23 encontros, con catro goles.

Víctor Vilariño, xuvenil de segundo ano (2000), trátase dun mediocentro que debutou o curso pasado en Nacional, participando en 28 encontros, nos que non recibiu amoestación algunha e marcou unha diana.

Jorge Queiruga, do mesmo xeito que Víctor é do ano 2000, e a súa posición é a de central. Esta pasada campaña actuou en 30 encontros, nos que se permitiu o luxo de anotar dous tantos.

Coa incorporación á pretempada destes catro canteiráns, Yago Iglesias contará con 23 futbolistas dispoñibles para participar en cada adestramento, os cales se realizarán durante esta primeira semana no campo de Conxo, e en cada partido amigable.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

22 hours ago

SD Compostela
O primeiro gol coa camiseta do Compos 🩵🤍O primeiro en #SegundaFederación 🙌💪𝐔𝐧𝐚𝐢 𝐏𝐞𝐨𝐧 🔝 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🔜⚽️ Este domingo, novo horario e novo reto como visitantes💪🩵🤍 A por outra vitoria!🆚 SD Eibar B 🗓️ Domingo, 27/09🕞 15:30 horas🏟️ Cidade Deportiva Eibar - Areitio 1🎟️ 15€ Xeral | 5€ 13-18 anos | Gratis 0-12 anos📺 Football Club #eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou xa a semana de traballo para os nosos, logo da primeira vitoria🚍 Preparando xa unha nova semana de saída ao País Vasco#eibarbcompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
😴🩵🤍Boas noites, compostelanistas!Había ganas de celebrar o primeiro +3⃣#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍💪 Dous golazos e tres puntos de ouro na nosa casaOs nosos, de menos a máis, superaron ao Sestao River Club con dúas gadoupadas nos minutos finais, conseguindo o primeiro triunfo da tempada 🙌🙌🙌📸 Amadeo Rey#compossestaoriver ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.