Concello e Compostela presentan o II Memorial Antonio Bermúdez

17 de Xullo de 2017
SONY DSC
Ramón Castro, esquerda, Martiño Noriega, Antonio Quinteiro e Toño Bermúdez. Foto: Concello de Santiago.

 

  • O encontro xogarase o día 25 ás 20h en San Lázaro.

  • A partir das 19:45, os futbolistas do Compos 2017-18 saltarán de un en un para ser presentados ante a afección.

 

Santiago de Compostela, a 17 de Xullo de 2017.

O Estadio de San Lázaro acollerá o próximo martes 25 de xullo, festividade de Galicia, a partir das 20h, o segundo encontro en memoria do xornalista deportivo Antonio Bermúdez, que enfrontará á S.D. Compostela e ao C.D. Lugo. O partido foi presentado hoxe en rolda de prensa polo alcalde, Martiño Noriega; o presidente do Compostela, Antonio Quinteiro; o director de Relacións Institucionais do club, Ramón Castro, e o fillo do homenaxeado, o tamén xornalista deportivo Toño Bermúdez.

O alcalde mostrou a satisfacción do Concello por poder colaborar nun partido que “permite recordar a Antonio Bermúdez un ano despois do seu falecemento, cando aínda nos sentimos orfos e orfas”. Martiño Noriega incidiu en que o xornalista da Cadea SER “formaba parte do imaxinario deportivo de toda a cidadanía de Santiago, e tiña percorrido miles de quilómetros seguido a traxectoria dos equipos máis emblemáticos da cidade como o Compostela, o Santiago Futsal ou o Obradoiro”.

Tanto o fillo do homenaxeado, Toño Bermúdez, como o presidente da S.D. Compostela, Antonio Quinteiro, incidiron nesa vinculación do xornalista falecido con todo o mundo do deporte, “e en especial co Compos, que foi o equipo do seu corazón”.

Chamamento á asistencia

O II Memorial Antonio Bermúdez celebrarase o 25 de xullo, a partir das 20:00 horas, no estadio de San Lázaro, e enfrontará á S.D. Compostela co C.D. Lugo, equipo da Segunda División Española. As entradas custarán 10 euros para os maiores de idade, 5 para os rapaces de 12 a 17 anos e de balde para os menores de 12 anos e para os socios desta nova tempada. Ademais, o partido servirá para presentar aos xogadores e corpo técnico da tempada 2017/18, polo que os dirixentes recomendan acudir ao Estadio de San Lázaro antes de tempo, xa que sairán ao campo de un en un.

Antonio Quinteiro fixo un chamamento á asistencia ao partido, como mellor maneira de homenaxear a Antonio Bermúdez. Tamén se comprometeu “a darlle continuidade a este memorial ano tras ano, porque o xornalista será parte do Compostela para sempre”.

Flickr


Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

21 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

24 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.