A SD Compostela 17/18 ponse en marcha

18 de Xullo de 2017
As fichaxes.
As fichaxes.
Os xuvenís.
Os xuvenís.

Santiago de Compostela, ao 18 de xullo de 2017.

O campo de Conxo foi, esta tarde, o escenario elixido para o comezo da pretempada da nova SD Compostela. O plantel dirixido por Yago Iglesias realizou a súa primeira sesión de adestramentos no campo santiagués, nun día que serviu de toma de contacto para as novas fichaxes.

Os xogadores branquiazuis comezaron a pretempada cunha xornada que serviu para ir recuperando o ton físico. Exercicios de cambios de ritmo, rondos e posesións en espazo reducidos foron os que marcaron a hora e media de adestramento.

Nesta primeira xornada púidose en ver en acción as seis fichaxes xunto aos seus novos compañeiros. Tamén acapararon as cámaras os catro canteiráns que realizarán a pretempada co primeiro equipo. Dos 23 citados, só faltaron Lucas e Samu, aínda de vacacións, mentres que Diego Rey fixo traballo individual para reforzar os xeonllos.

Esta foi a primeira das catro sesións que están programadas para esta primeira semana, todas elas no campo de Conxo e todas á mesma hora, 18:30. Xa na fin de semana, poderase ver en accións aos xogadores na Escravitude, no 50 aniversario da entidade santiaguesa. O encontro amigable enfrontará ao Compos e ao Negreira, ás 19:30.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

1 hour ago

SD Compostela
⚒️🩵🤍 Comezou a semana para os nosos! 💪Cinco adestramentos para preparar o derbi deste domingo no Vero Boquete#composourense ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

18 hours ago

SD Compostela
😴🩵🤍 Boas noites, compostelanistas! Unha gran tarde de fútbol e outra gran vitoria na Lomba! A desfrutar!! 😍 #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

20 hours ago

SD Compostela
🎙️ Carlos de Lerma | #arousacomposAnálise do técnico do Compos tralo triunfo no derbiO adestrador fixo fincapé na capacidade defensiva do equipo e remarcou que a afección compostelanista foi fundamental para poder conseguir a vitoria ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

22 hours ago

SD Compostela
💪 FINAAAAAAAAAAAAALArosa SC 1️⃣-2️⃣ COMPOS⚽️ Roque | Antón GuisandeQUE DERBI E QUE GRAN TRIUNFO 🩵🤍REGRESAMOS Á SENDA DA VITORIA NOUTRO PARTIDAZO 💪💪GRAZAS AFECCIÓN POLO APOIO INCANSABLE 👥🙌📸 Nacho Castaño#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
⏸️ DESCANSOArosa SC 1️⃣-1️⃣ COMPOS⚽️ RoqueChegamos ao tempo de lecer con igualada tralo gol nos últimos minutos#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.