Jose Sobrido: “Gústame xogar en punta, aínda que podo derivar á banda esquerda”

8 de Agosto de 2017
Ramón Castro, esquerda, xunto a Sobrido, Marcos Sanmartín e Javier Puñal.
Ramón Castro, esquerda, xunto a Sobrido, Marcos Sanmartín e Javier Puñal.

 

  • O xogador foi presentado na Sala de Trofeos do club, nun acto no que Laucreaciones confirmou o seu apoio un ano máis ao Compos.

Santiago de Compostela, a 8 de agosto.

A SD Compostela presentou esta mañá á súa nova cara, o dianteiro de Ribeira José Sobrido González. O mozo explicou no acto as razóns que o levaron a aceptar esta oferta, o rol que espera desenrolar no equipo e asegurou “estar impresionado” coa calidade dos compañeiros e as instalacións da entidade.

Cunha semana de adestramentos en Santiago, Sobrido comentou que sente moi cómodo no seu novo equipo, xa que “os compañeiros son moi próximos e ademais coñezo a algún como Ube”. Ademais, Yago Iglesias transmitiulle moita confianza, asegurándolle que “con traballo e esforzo” confiará nel.

Estas boas sensacións víronse incrementadas no seu debut coa branquiazul, o sábado en Praiña, onde marcou dous goles nos dous partidos. Eses tantos chegaron grazas a uns compañeiros que “teñen moita calidade”, polo que o punta confía en que “con esforzo e ganas” poderán lograr o máximo, é dicir, meterse no playoff.

Para iso, terán que pelexar duro nunha categoría que considera moi dura, aínda que sabe que a pesar de ser un plantel novo, “moitos teñen experiencia e saben cando ir forte, polo que creo que estamos moi ben preparados”.

Por último, en canto á oferta, Sobrido explicou que “ao saír de xuvenís, necesitas minutos e no Celta B non ía ter tantos como desexa”, polo que non o pensou moito cando lle chegou a oferta do Compos. Unha vez na capital de Galicia, quedou impresionado, apuntou, coas instalacións, tanto de adestramento como de xogo, algo que se suma á proximidade coa súa casa.

Todos estes puntos a favor axudan a que o ribeirense se senta moi a gusto no seu novo equipo, no que espera xogar de punta, aínda que “podo derivar a miña posición á banda esquerda”.

Doutra banda, na presentación, o novo punta estivo acompañado por Ramón Castro, director das relacións institucionais do club, Javier Puñal, director de márketing da entidade, e Marcos Sanmartín, administrador de Laucreaciones.

O xerente da empresa santiaguesa confirmou a súa continuidade como patrocinador oficial do club, unha relación que espera “se manteña no tempo”. Do mesmo xeito, Marcos agredeceu a confianza da entidade na súa compañía, xa que é un club “que levamos moi dentro”.

Pola súa banda, Ramón Castro foi o mestre de cerimonias, presentando ao “golista” da SD, como comentou, mentres que Javi, agradeceu a “fidelidade e compromiso dunha empresa que está a crecer en Santiago, elixindo ao Compos como vehículo de comunicación”.

Ampliación Campaña Abonados

Ramón Castro fixo un inciso na ampliación da campaña de abonados ata o día 8 de setembro, co obxectivo de aumentar os socios na medida da calidade dos nosos xogadores. “Decidimos prorrogar o tempo, xa que hai xente que lle supón un agravio se regresa en agosto das súas vacacións”, argumentou.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

16 hours ago

SD Compostela
➕1⃣📣 Samu seguirá un ano máis de branquiazul©️ O mediocentro cumprirá a súa décima tempada no Compos co obxectivo de acadar o ascenso𝐒𝐚𝐦𝐮 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/19/samu-renovacion-capitan-compos/#samu2026 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Álex Cobo, novo gardián da portería da SD Compostela🧤 Chega ao Compos co obxectivo de acadar o seu cuarto ascenso𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐂𝐨𝐛𝐨 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/18/alex-cobo-porteiro-fichaxe-compos/#benvidoálexcobo ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
✍️🩵🤍📣 Diego Uzal, novo xogador da SD Compostela🤝 O mediocentro coruñés chega desde Segunda RFEF e firma por unha tempada𝐃𝐢𝐞𝐠𝐨 𝐔𝐳𝐚𝐥 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/17/diego-uzal-sd-compostela-fichaxe/#benvidouzal ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
📋 𝐂𝐨𝐦𝐮𝐧𝐢𝐜𝐚𝐝𝐨 𝐛𝐚𝐢𝐱𝐚𝐬Rabanillo e Diego non continuarán na SD Compostela a próxima tempadaGrazas polo vosa dedicación e traballo e sorte para o futuro ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

4 days ago

SD Compostela
Pablo Antas e a SD Compostela separan os seus camiños⚽️ O mediocentro déixanos un legado de seis tempadas e 152 encontros, cun gol, en Balaídos, que será sempre recordadoMoitísimas grazas por todo, mago!O Compos sempre será a túa casa! 🩵🤍✍️ sdcompostela.com/gl/2025/06/16/pablo-antas-compos-152-grazas/ ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.