Mon, Saro e Uña esperan un gran comezo de tempada

10 de Agosto de 2017

DSC_0016

  • Os tres futbolistas foron presentados no Sanatorio da Esperanza.

  • HM Hospitales será un dos patrocinadores do Compos.

Santiago de Compostela, ao 10 de agosto de 2017.

O Sanatorio da Esperanza foi o sitio seleccionado pola SD Compostela para a súa primeira presentación de xogadores renovados. Mon, Uña e Saro pasaron revista nas instalacións da entidade, nun acto realizado nun lugar moi especial, un dos antigos quirófanos do centro médico. Os futbolistas branquiazuis falaron do comezo da tempada, o novo plantel e os seus novos roles no equipo.

En primeiro lugar, Mon Vives, na súa terceira tempada no primeiro equipo, pasará a ocupar o posto de capitán, unha situación que afronta con “ilusión e ganas”, esperando que sexa un ano bonito. O mediocentro asegurou que vai tentar cambiar o mínimo posible e que entende esta nova faceta, xa que “é algo que sabía que acabaría pasando”.

Pola súa banda, Saro afronta un novo ano no que terá máis competencia na súa posición, aínda que é algo que que lle parece bo, xa que “non nos permite relaxarnos, mellorándonos aos dous”. Sergio Pereira rivalizará por un posto con el, a pesar de que este último tamén se poderá adaptar á posición de interior, como xa vimos nalgún amigable estival: “Ao final o que quere un xogador é ter minutos, da igual en que sitio”, afirma un Saro que se sente cómodo en ambas as posicións.

En canto a Uña, empeza unha tempada na que aparece, xunto a Cardeñosa, como os únicos centrais fixos do plantel. Con todo, o madrileño asegura que Queiruga, “que ten moi boas calidades e cumprirá cando lle toque”, e Casas, que se pode adaptar ao posto, “axudarán moito en caso de necesitar axuda”, asegura.

SENSACIÓNS

No relativo á pretemporada, os tres futbolistas comentaron as súas impresións sobre o novo equipo e a forma física. O capitán cre que, aínda que lles custou entrar en acción, agora “estamos mellor, ben preparados para o comezo de Liga”. Saro considera que “hai mellor equipo”, coa que esperan “lograr os obxectivos que nos marcamos no vestiario”, mentres que Uña, seguindo a liña dos anteriores, asegura que os novos estanse adaptando ben, “polo que agardamos chegar ben ao primeiro encontro”.

RENOVADOS

A diferenza da tempada pasada, o novo plantel da SD Compostela conta coa vantaxe de que se mantén gran parte. Este factor leva a que os tres consideren que o comezo de tempada poida ser mellor ao do anterior exercicio.

“O ano pasado era un equipo totalmente novo e custounos adaptarnos nos primeiros partidos, polo que creo que este curso, ao ter unha base de xogadores, seranos moito máis fácil engancharnos desde o inicio”, declarou Saro.

Esa base, é algo que considera primordial Uña, xa que, xunto ás poucas fichaxes, “permíteche dar ese salto de calidade ao principio?.

Por último, Mon tamén considera unha vantaxe coñecer as cualidades dos seus compañeiros, algo que “trataremos de explotar desde o comezo”.

ACTO

Na presentación, os tres futbolistas estiveron acompañados por Javier Puñal, director de márketing do Compos, e Ramón Castro, director das relacións institucionais do club. O segundo comentou que é un orgullo que HM Hospitais elixa ao Compos como vehículo de comunicación, mentres que Ramón, deu a benvida á entidade á SD Compostela.

Por outra banda, este último insistiu na ampliación da campaña de abonados, convidando á xente a que se una a este novo proxecto, do mesmo xeito que fixo HM Hospitais.

Youtube

Instagram Compos

Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🔥🩵🤍 PREVIAO Compos visita A Lomba en busca do seu terceiro triunfo consecutivo lonxe de San Lázaro 🗓️ Os nosos xogarán este domingo ás 17 horas fronte ao Arosa nun campo no que xa gañaron o curso pasado por 0-2 con dous goles de Antón Guisande 📸 Ignacio Castaño Gómez#ArosaCompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

23 hours ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 10🩵🤍 O adestrador compostelanista falou sobre o estado físico dos seus, do modelo que intenta implantar e das claves que marcarán este derbi en Vilagarcía#arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🩵🤍 Os nosos desfrutaron hoxe dunha comida grupal na Parrilla O Establo Unha visita ao noso patrocinador para facer 🍍, antes do derbi, e desfrutar dunha boa parrillaMoitas grazas pola acollida e polo bo trato, coma sempre 🥰 ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

2 days ago

SD Compostela
🧐 Repetimos? Este domingo, na Lomba, queremos vivir unha gran tarde de fútbol como a tempada pasada!Co voso apoio podemos conseguilo de novo! 💪🩵🤍📸 Nacho Castaño #arousacompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

3 days ago

SD Compostela
𝐀 𝐂𝐚𝐧𝐭𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐏𝐢𝐜𝐡𝐞𝐥𝐞𝐢𝐫𝐚📸 Velaquí a foto de familia con todos e todas as integrantes da nosa canteira e de todos os equipos da SD Compostela e do CD Conxo Santiago O proxecto segue medrando, consolidándose como unha das referencias do fútbol base galego onde gozan do deporte más de 500 xogadores e xogadores e conta con 55 adestradores. Non só pola súa cantidade, senón tamén pola calidade dos nosos equipos é que podemos estar orgullosos e orgullosas. Actualmente seguimos presentes na División de Honra xuvenil, a categoría punteira do fútbol formativo nacional. Contamos ademais con representación na Liga Nacional e con equipos nas distintas Divisións de Honra tanto cadetes (por dobre partida) como infantil.Mirando cara abaixo a imaxe non pode ser máis positiva. O noso fútbol 8 e fútbol 7 tamén crece con seis equipos alevíns, cinco benxamíns, tres prebenxamíns e un Biberón. O curso pasado os nosos cativos e cativas fixeron historia clasificando en todas as categorías para a Fase Final do Campionato Galego. Entre todos e todas intentaremos que siga sendo un orgullo formar parte da Canteira Picheleira!🤍🩵🤍#canteirapicheleira ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.