O Compos presenta as equipacións para a tempada 2017/18

11 de Agosto de 2017
Ramon Castro, esquerda, Álvaro Casas, Mon e Javier Puñal.
Ramon Castro, esquerda, Álvaro Casas, Mon e Javier Puñal.
  • En Reizentolo, Mon e Casas foron os modelos que portaron as indumentarias.

Santiago de Compostela, ao 11 de agosto de 2017.

Esta mañá, a tenda oficial da SD Compostela -en Reizentolo-, foi o lugar escollido polo club para a presentación das súas equipacións para a nova tempada 2017/18, un ano de continuidade no bloque, pero con obxectivos máis altos.

Co capitán Mon Vives e o recentemente chegado Álvaro Casas, o club mostrou as súas novas camisetas, as cales, segundo apunta o director de márketing Javier Puñal, teñen “un toque máis elegante, coa intención de crear tendencia ano a ano”.

Para o primeiro equipamento, púxose “un pescozo máis clásico, con raia diplomática, mentres que as mangas, a diferenza do formato doutras tempadas, están sen intercambiar”, comenta Javier Puñal.

En canto á segunda, o club repite coa figura do peregrino, aínda que o curso pasado era unha sombra e neste unha silueta. “Está pensada na xente de Santiago, pero tamén na canle souvenir dos peregrinos que visitan a cidade”, sinala o director de márketing.

En canto ao prezo, ambas as camisetas custarán 49 euros, mantendo un prezo que “se pode parecer alto para a categoría, non o é se pensamos na entidade do club”, comenta Javier. Ademais, ten un tecido de alta calidade, hidrófugo.

A pesar de que non as veremos nos xogadores ata a primeira xornada do campionato, o vindeiro domingo en San Lázaro ás sete da tarde, as equipacións están xa á venda na tenda oficial, en Reizentolo, e na tenda online, albergada na páxina web do club (www.sdcompostela.com).

Youtube

Instagram Compos

Facebook

3 hours ago

SD Compostela
🎯 #llaneracompos⚒️ Semana de traballo completada no Campo do Sergas🩵🤍 Estamos preparados para o encontro de mañá na herba artificial do Pepe QuimaránIremos con todo! 💪📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

19 hours ago

SD Compostela
🗓️ Novo sábado de Compos!Listos para volver sumar o triunfo 🩵🤍Iremos con todo a Llanera! 💪📸 Nacho Castaño#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎙️ Previa Carlos de Lerma | Xornada 8🩵🤍 O técnico compostelanista falou das circunstancias especiais deste choque, do momento de confianza do equipo e das claves para poder sumar outro triunfo#llaneracompos ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

1 day ago

SD Compostela
🎂 Hoxe está de aniversario o noso 🧙‍♂️ 𝐀𝐥𝐞𝐱 𝐆𝐢𝐥Moitos parabéns, Álex!!Que veña acompañado de moitos éxitos e que o celebremos xuntos este sábado sobre o céspede 🩵🤍📸 Nacho Castaño ... See MoreSee Less
Ver en Facebook

CONTACTO

sdcompostela@sdcompostela.com

981 57 70 41

Av. de Fernando de Casas Novoa, 20, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña.

 

All contents © copyright SD Compostela. All rights reserved.